Romaría de San Fins do Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
m corrixo homónimos
Liña 3:
{{Outroshomónimos|San Fins}}
[[Ficheiro:Traseira capelaSF.JPG|thumb|250px|Capela de San Fins, vista dende a fonte rodeada polos [[bidueiro]]s en inverno.]]
A '''Romaría de San Fins do Castro''' celébrase na [[capela|ermida]] de San Fins, todos os [[1 de agosto|primeiros de agosto]]. Está situada no lugar de [[San Fins, Cesullas, Cabana de Bergantiños|San Fins]], parroquia de [[Cesullas, Cabana de Bergantiños|Cesullas]], no concello de [[Cabana de Bergantiños]] preto da capital do concello ([[A Carballa, Cesullas, Cabana de Bergantiños|A Carballa]]). Esta romaría é a máis popular da bisbarra, ademais dunha das máis populares de [[Comarca de Bergantiños|Bergantiños]] e da [[Costa da Morte]] xunto coa [[Romaría da Virxe da Barca|Barca de Muxía]], [[Os milagres de Caión]] e [[Malpica|Santo Hadrián de Malpica]].
 
Ademais, San Fins é o patrón do concello de Cabana de Bergantiños.
Liña 11:
 
==A festa==
Esta é unha [[festa]] de grande importancia en Cabana de Bergantiños pola gran mobilización popular, as manifestacións culturais e a [[mestura]] entre o relixioso e o profano. A imaxe do santo atópase na igresía de Cesullas durante todo o ano agás na semana da festa en que se leva en procesión até a capela de San Fins, que dista ao redor de medio quilómetro desta. A esta [[romaría]] acoden romeiros de toda a comarca coas súas merendas, que antigamente se celebraban ó redor da capela de San Fins, baixo da sombra dos [[bidueiro]]s que os protexía do sol (a meirande parte da xente comía sentada no chan). Hoxe, tirantes unhas mesas que se colocan no campo da festa, a xente prefire comer nos campos e montes dos arredores pola súa comodidade e mais para fuxir do espazo ocupado polos mozos cando se dedican a tirarse [[viño]] os uns aos outros, [[rito]] que se puxo de moda contra finais da década de 1980. Hoxe en día póñense unhas cintas e mais unhas [[{{Dic|cancela]]}}s de metal para limitar o espazo dedicado ao viño para que non saian do espazo que teñen, para así non ter problemas por manchar as persoas alleas ao rito do viño.
 
==Un pouco de historia==
Liña 21:
 
===Santo da Pólvora===
A queima do '''Santo da pólvora''' é un dos momentos máis agardados polos romeiros que acoden a esta romaría. Consiste na queima dunha [[Fallas|falla]] que ten por motivos unhas figuras animadas que representan diferentes oficios, nuns casos a un [[Afiador (oficio)|afiador]] e maila súa dona que, despois de xirar perante un cacho mentres afían unha machada entre estoupidos de foguetes, que son os que fan que xiren, acaban estoupando; outro ano a figura consiste nunha parella de [[ferreiro]]s que tamen despois de face-los xiros acaban estoupando, e outro ano as figuras son duns [[canteiro]]s que como nos casos anteriores tamen acaban estoupando.
 
==Cancioneiro popular==