Francisco de Quevedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: sh:Francisco de Quevedo
Liña 10:
===Carreira co Duque de Osuna===
[[Imaxe:Francisco de Quevedo.jpg|thumb|200px|esquerda|Retrato de Quevedo co hábito de Santiago.]]
Quevedo volve coa Corte a Madrid en [[1606]] e reside alí ata [[1611]] entregado ás letras. Nesta época gañouse a amizade de [[Lope de Vega|Félix Lope de Vega]], do que recibe numerosos eloxios nos seus libros de ''Rimas'' e ao que aprobou as ''Rimas humanas ey divinas'' de Tomás Burguelos, o seu heterónimo. Tamén ten relación con [[Miguel de Cervantes]], quen lle dirixiu eloxios no ''ViaxeViaje dodel Parnaso'', aos que Quevedo corresponde na ''Perinola''. Con este último pertencía á Confraría de Escravos do Santísimo Sacramento. Pola contra, atacou sen piedade aos dramaturgos [[Juan Ruiz de Alarcón]], cuxos defectos físicos lle facían graza (era de pelo rubio e chepudo), e [[Juan Pérez de Montalbán]], fillo dun libreiro co que Quevedo tivo certas disputas. Contra este último escribiu ''ALa Perinola'', cruel sátira do seu libro misceláneo ''Para todos''.
 
Mais o máis atacado foi, sen dubida, [[Luis de Góngora]], ao que dirixiu unha serie de terríbeis sátiras acusándoo de ser un [[sacerdote]] indigno, de [[homosexual]], de escritor sucio e escuro, entregado á baralla, indecente e sombrío. No seu descargo hai que dicir que Góngora lle correspondeu case coa mesma violencia. Por entón estreita unha grande amizade con [[Pedro Téllez Girón]], [[Duque de Osuna]], ao que acompañará como secretario a [[Italia]] en [[1613]]. Quevedo desempeñou para o duque diversas comisións que o levaron a [[Niza]], [[Venecia]] e finalmente a Madrid, onde subornará ("untará a man", escribe el) as vontades necesarias no corrupto contorno do [[Duque de Lerma]]. De resultas disto o seu amigo o de Osuna foi nomeado vicerrei de [[Nápoles]] en [[1616]]. Tras volver a Italia de novo co Duque, este encargoulle dirixir e organizar a Facenda do Virreinato e desempeñar outras misións, algunhas relacionadas coa espionaxe á [[república de Venecia]]. Como recompensa obtén o [[Orde de Santiago|hábito de Santiago]] en [[1618]].
 
[[Imaxe:Casaquevedo torredejuanabad.jpg|thumb|250px|dereita|Casa de Quevedo en Torre de Juan Abad.]]
Ao caer o Duque de Osuna, Quevedo é desterrado en [[1620]] á [[Torre de Juan Abad]] (Cidade Real), cuxo señorío comprara a súa nai con todos os seus aforros para el antes de falecer. Os veciños do lugar, porén, non recoñeceron esa compra e Quevedo preiteará interminabelmente co concello, se ben o preito só se resolverá ao seu favor tras a súa morte, na persoa do seu herdeiro e sobriño Pedro Alderete. Illado xa das intrigas cortesás, escribirá Quevedo algunhas das súas mellores poesías, como o soneto ''Retirado en la paz de estos desiertos...'' ou ''Son las torres de Xorai...'' e achará consolo ás súas ambicións cortesás e a súa rachadela afectiva na doutrina estoica de [[Séneca]], cuxas obras estuda e comenta, converténdose nun dos principais expoñentes do [[Neoestoicismo]] español.
 
===Carreira co Conde-Duque de Olivares===