Afrancesado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro.
mSen resumo de edición
Liña 2:
'''Afrancesado''' é o nome co cal se coñece en [[España]] e [[Portugal]] aos partidarios da [[Revolución Francesa]], do [[liberalismo]] e das ideas da [[Ilustración]] que apoiaron a ocupación francesa da [[Península Ibérica]] durante o [[Primeiro Imperio Francés]].
 
== Historia e características ==
En España o termo xa aparecera durante o reinado de [[Carlos III de España|Carlos III]] aínda que tiña un carácter neutro e só designaba os que seguían as modas francesas e xo adquiriu un significado pexorativo durante o reinado de [[Xosé I]], irmán de [[Napoleón]] e que pretendeu reformar as estruturas do estado. Cando caeu o réxime bonapartista en España gran parte dos afrancesados marcharon ao exilio a [[Francia]], entre 4.000 e 12.000. Durante a amnistía de 1820 moitos volveron pero coa fin do [[trienio liberal]] volverán cruzar a fronteira.
 
=== Galicia ===
En [[Galicia]] houbo 600 acusados de colaborar co goberno de Xosé I, foi a cidade de [[Santiago de Compostela]] onde maior fora a influencia dos partidarios de Bonaparte co apoio dunha parte pequena dos profesores da Universidade, existindo xa desde comezos de século un club liberal dirixido por [[Bazán de Mendoza]] e Manuel Acuña, aínda que este último se oporá aos franceses. Pola contra Bazán de Mendoza foi o principal valedor dos franceses en Galicia, despois da chegada dos franceses á cidade en xaneiro de 1809 foi director da Universidade, xefe de policía e superintendente do exército. Na cidade da [[Coruña]] os afrancesados eran comerciantes de orixe francesa, destacando os irmáns Barrié e membros da burocracia local. En [[Ferrol]] os máximos dirixente foran Manuel de la Piedra e o xeneral Pedro Obregón, que contaba co apoio de algúns militares. En [[Vigo]] os afrancesados máis importantes tamén eran comerciantes de orixe francesa.
 
== BibliografíaVéxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Xosé Ramón Barreiro Fernández, ''Aproximación histórica ó tema dos afrancesados en Galicia'' nas ''III Xornadas de Historia de Galicia'', Ourense, 1986