Lingua friulana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 27:
| mapa = [[Ficheiro:Friulian speaking area.png|275px]]
}}
O '''friulano''' (en friulano: ''furlan'', ou agarimosamente ''marilenghe'') é unha lingua indoeuropea da familia románica que, xunto ao [[lingua retorrománica|romanche]] e o [[lingua ladina|ladino]], forma a rama dos [[Alpes]] centrais chamada retorromana. Entre os [[século X|séculos X]] e [[século XIII|XIII]] o [[lingua alemá|alemán]] foi a lingua oficial da rexión e deixou numerosas influencias no seu vocabulario. O friulano oriental, con todo, tivo contacto co alemán até a Primeira Guerra Mundial. Dende o [[século XIV]] úsase en literatura e o estado italiano recoñéceo como lingua independente dende [[1999]].
 
Actualmente a lingua conta con 720.000 falantes (''furlans''), principalmente na rexión italiana de [[Friuli-Venezia Giulia]], ademais de moitos friulanos que conservan a súa lingua na emigración, algúns deles instalados na rexión do delta do [[Río Danubio|Danubio]], en [[Romanía]], onde emigraron no [[século XIX]]. Esta variedade é a máis afastada das outras retorrománicas, até o punto de que algúns lingüistas néganllelle negan toda conexión e relaciónanaa relacionan máis cos dialectos do [[Véneto]].
 
== Historia ==
As orixes da lingua friulana son bastante escuras. O gran acontecemento que formou a base da lingua foi a chegada dos [[romanos]], que no [[-181|181 a.C.]] fundaron a primeira colonia no Friuli, Aquilea. Establecéronse sobre un substrato lingüístico precedente, formado no seu maior parte pola linguaxelingua celta dos ''Carni''. A súa influencia sobre o latín de Aquileia é controvertida, pois nos epígrafes e inscricións da época só se achan modificacións a elementos fonéticos e morfosintácticos, comúns tamén a outras partes do imperio. A día de hoxe, as pegadas celtas máis evidentes áchanse na toponimia (topónimos acabados en ''-acco'' ou en ''-icco'', por exemplo), mentres que no léxico parece que o compoñente cárnico é pouco relevante, tal como o compoñente xermánico, provocado pola entrada en Italia dos [[longobardo]]s. Estas informacións levaron a algúns estudosos a supor que o friulano sexa consecuencia das migracións de poboacións do imperio, obrigadas a abandonar as rexións orientais como [[Panonia]] por mor da presión dos bárbaros. É interesante tamén o feito de que diferentes estudosos, baseándose nas inscricións achadas, argumentan que o límite oriental de penetración da poboación e a lingua dos [[véneto]]s foi o río [[río Livenza|Livenza]] (na época ''Liquentia''), que aínda en épocas recentes delimitou o límite lingüístico entre o friulano e o veneciano (hoxe en parte desprazada cara ao leste). Isto fai supor que a diferenciación entre as falas destas rexións sexa antiga.
 
No entanto, alcanzouse certo consenso achega do período de formación do friulano, que remonta ao ano [[1000]], contemporaneamente a outras linguas romances derivadas do [[latín vulgar]]. Os primeiros termos en friulano aparecen en actas administrativas do [[século XIII]], pero só a partir do [[século XIV]] os documentos fansese fan máis numerosos e, ademais dalgún documento comercial, aparecen os primeiros testemuños literarios, como os ''Frammenti letterari'', todos orixinarios de [[Cividale]], que xa se consolidou como centro do Friuli.
 
=== Relación co ladino ===
A teoría da "unidade ladina" débese ao máis importante [[glotoloxía|glotólogo]] italiano do [[século XIX]], [[Graziadio Isaia Ascoli]], nativo de [[Gorizia]]. En [[1871]], presentou a súa teoría de que, en tempos, estas linguas estendíansese estendían dende [[Muggia]] e quizais desde a parte setentrional de [[Istria]] até [[Suíza]]. A continuidade interrompeuse durante a historia, e quedaron as tres linguas actuais: o [[romanche]], o [[Lingua ladina|ladino]] e o friulano, que evolucionaron de maneira separada. Esta hipótese foi corrixida e precisada sucesivamente por outros estudosos; en particular, Francescato precisou as diferenzas co friulano e o veneciano; con este último, a separación remontaríase ao [[século X]], ao longo do histórico límite do Livenza. As últimas teorías reorganizan ou en todo caso anticipan a teoría da unidade ladina, que corresponde a unha fase lingüística bastante antiga; a diferente evolución que se acha dentro desta familia tamén se debe á escasa influencia do alemán e as linguas xermánicas sobre o friulano, mentres que esta influencia aínda é forte no ladino e o romanche.
 
== Literatura ==
Os primeiros textos en friulano remóntanse ao [[século XIII]] e son na súa maioría actas comerciais ou xurídicas. Nestes casos, o friulano utilizábase xunto co [[latín]], que era aínda a lingua administrativa. Os principais exemplos literarios que sobreviviron son poesías do [[século XIV]], cuxo tema principal era o amor e estaban inspiradas, talvez, polo movemento poético italiano ''[[Dolce Stil NovoNuovo]]''. A obra máis famosa é ''Piruç myò doç inculurit'' (que significa "A miña pera doce e colorida"), composta por un autor anónimo de Cividale, probablemente en [[1380]].
<center>
{| class="wikitable"
Liña 52:
|}</center>
 
Hai poucas diferenzas nas primeiras dúas filas, o que demostra que non houbo unha gran evolución na lingua excepto en varias palabras que xa non se usan (por exemplo, ''dum(n) o'', que significa "neno" e que en tempos pasados usábasese usába moito). Un falante de friulano dos nosos días pode entender estes textos con pouca dificultade. O segundo período importante para a literatura friulana foi o [[século XVI]]. O autor principal deste período foi [[Ermes dei Colorêt]], que compuxo ao redor de 200 poemas.
 
== Estado actual ==
[[Ficheiro:Cartel par talian e furlan.jpg|thumb|right|Neste cartel de entrada aparecen os topónimos en italiano e friulano]]
Hoxe en día, o friulano é recoñecido oficialmente en [[Italia]] ao amparo da lei 482/1999, que protexe ás minorías lingüísticas. Por iso, introduciuse o ensino do idioma en varias escolas primarias. Existe un xornal en liña, e hai tamén certa cantidade de grupos musicais que utilizan o friulano nas súas cancións, así como algunhas compañías teatrais. Recentemente rodáronse dúas películas en friulano (''Tierç lion'', ''Lidrîs cuadrade dei trê''), que recibiron críticas positivas por parte dos xornais italianos. En cerca do 40 por cento dos municipios da [[Provincia de Udine]], asos sinais de tráfico están tanto en friulano como en italiano. Tamén existe unha tradución oficial da [[Biblia]] ao friulano. En [[2005]], unha coñecida marca de cervexa empregou este idioma para un dos seus ''anuncios'' publicitarios.
 
A principal asociación que fomenta o uso e o desenvolvemento do friulano é a ''Societât filologjiche furlane'', fundada en [[Gorizia]] en [[1919]].
 
=== Topónimos ===
Todas as cidades e pobosvilas do Friuli teñen dous nomes, un en italiano e outro en friulano. Soamente os italianos son oficiais, e por tanto son os que se empregan na administración, aínda que se espera que as versións friulanas reciban un recoñecemento parcial nun futuro próximo. Por exemplo, a cidade de [[Udine]] chámase en friulano ''Udin'', e a cidade de [[Tolmezzo]], ''Tumieç''.
 
== Algunhas frases ==