Bikini Kill: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Recat.
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 14:
'''Bikini Kill''' foi unha banda estadounidense de [[riot grrrl]] formada en [[Olympia, Washington|Olympia]] en [[1991]] e desaparecida en [[1998]]. A banda estaba composta por [[Kathleen Hanna]], Kathi Wilcox, Tobi Vail eBilly Karren.
 
Bikini Kill foi unha das bandas máis agresivas que xurdiron dun movemento coñecido como [[riot grrrl]], aparecido en [[Olympia, Washington|Olympia]] (cidade universitaria próxima a [[Seattle]]) a principios dos anos 90, que pregaba ideas [[feminismo|feministas]] por medio do [[música rock|rock]]. [[Kathleen Hanna]], como líder de Bikini Kill acabou converténdose nun símbolo das "riot grrrls". Os concertos de Bikini Kill moitas veces tiñan un clima de conflito, os homes presentes eran "convidados" a se afastar do escenario, mentres as mulleres eran chamadas á fronte onde recibían fancines e as letras das cancións, mentres a banda destilaba todo o seu peso. Kathleen era coñecida por quitarse a camiseta durante os concertos e presentarse coa palabra 'slut' (poderíamos traducila como porca) escrita no abdome ou nas costas. Unha imaxe como esa batía de fronte coas normas comerciais da industria da música, pero [[Kathleen Hanna]] e Bikini Kill non estaban preocupados por vender a súa imaxe, senón que elas querían transmitir unha mensaxe.
 
A mensaxe de Bikini Kill funcionaba como a propia definición de [[riot grrrl]] (riot é disturbio en inglés), unha mensaxe feminista de fortalecemento nun escenario dominado polos homes. A música pode ser clasificada como [[punk rock]], pero a música do [[riot grrrl]] é feminista e dirixida ás mozas, transmitindo autorespecto e unión.