Anfipático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 27:
==Funcións biolóxicas==
[[Ficheiro:Phospholipids aqueous solution structures.svg|thumb|right|Estruturas formadas polos fosfolípidos en solución acuosa: liposomas, micelas e bicapas (membranas).]]
Os [[fosfolípido]]s, un tipo de moléculas anfipáticas, son os principais compoñentes da [[bicapa lipídica]] das [[membranas celular|membranas celulares]]. A súa natureza anfipática determina o modo en que se forman as membranas. Dispóñense en [[bicapa lipídica|bicapas lipídicas]], nas que os seus grupos polares se sitúan nas partes externas da membrana, en contacto co medio acuoso, e as súas cadeas hidrófobas sitúanse na parte interna da bicapa, lonxe do contacto coa auga. Deste xeito, a membrana consta dunha rexión apolar central situada entre dúas rexións polares.
 
Ademais dos fosfolípidos, nas membranas atopamos tamén outras moléculas anfipáticas, como o [[colesterol]] e os [[glicolípido]]s, que se dan á membrana propiedades físicas e biolóxicas especiais.