Anfipático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 38:
* Son [[tensoactivo]]s, que poden reforzar as interfaces entre dous medios, para crear por exemplo burbullas de xabón, que están formadas por finas capas de auga entre dúas capas de xabón. A parte hidrófila do xabón encerra a auga no grosor da parede da pompa, entanto que a parte hidrófila, que mira ao exterior, forma unha membrana relativemente forte, sostida polas [[forzas de London]].
* Son bos co-solventes, que permiten mesturar na mesma solución moléculas hidrófilas e hidrófobas para facelas reaccionar. Por exemplo permiten facer reaccionar ións (pouco solubles en medios orgánicos poco polares, e moi solubles en auga) e grandes moléculas orgánicas insolubles en auga. Nesta tarefa son imprescindibles en química.
* Estase investigando na creación de moléculas que poidan incorporar no interior da súa estrutura fármacos encapsulados, como o son os [[polímeros]] cristal-líquido colestéricos. Ditos polímeros poden transportar e atrapar moléculas de menor tamaño grazas ás súas '''moléculas anfifílicas''' que se autoasocian. Actualmente o seu estudo baséase no transporte de fármacos específicos e [[biomacromolécula]]s.<ref>Aplicaciones biomédicas de los polímeros [http://www.serinaeis.uva.es/escaparate~macromol/verproductocurso04-05/bio/encapsulacion.cgi?idproducto=2656&refcompra=NULOhtm] SERINA.ES</ref>
* As propiedades das moléculas anfipáticas probablemente xogaron un papel moi importante na [[orixe da vida|aparición da vida]] na Terra, facilitando a formación das primeiras membranas prebióticas.