Courtney Love: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 18:
}}
 
{{Música en progreso}}
'''Courtney Michelle Love''' (nada como '''Courtney Michelle Harrison''' o [[9 de xullo]] de [[1964]]) é unha roqueira e actriz estadounidense, coñecida por ser guitarrista e vocalista da banda de [[rock alternativo]] [[Hole]], e tamén polo seu matrimonio co líder de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]] [[Kurt Cobain]].
 
Liña 34 ⟶ 33:
Aos 16 anos Love escapou do sistema xuvenil de [[Oregon]] e obtivo a emancipación legal da súa familia. Posteriormente viaxou a [[Inglaterra]], [[Irlanda]] e [[Xapón]], vivindo dun fondo creado para ela polos pais adoptivos da súa nai. Mentres estivo en [[Irlanda]] Love estivo dous semestres no Trinity College de [[Dublín]] e traballou de fotografa para ''Hot Press''. Déronlle 500 dólares cada mes e comezou a coller traballos en clubes de striptease para gañar cartos extra. En [[Inglaterra]] trasladouse á casa do músico de [[Liverpool]] Julian Cope, de The Teardrop Explodes, e comezou a ir con regularidade a concertos de rock. Tamén se fixo amiga de [[Ian McCulloch]], de [[Echo and the Bunnymen]].
 
Love regresou a [[Portland, Oregon|Portland]] aos 17 anos, e formou parte da escena [[punk rock]] da cidade. Segundo ela traballou como DJ na emisora comunitaria de radio KBOO, e escribiu un artigo baixo o nome "Courtney Michelle" no fancine punk ''MRR''.
 
Aínda que seguía sendo menor de idade, Love volveu a traballar como bailarina exótica en varios locais de [[Portland, Oregon|Portland]], mentíndolle aos donos dos clubes para conseguir os traballos. Cos seus ingresos como ''stripper'' puido alugar un apartamento en Northwest Portland con dous amigos. Entre [[1980]] e [[1982]] viaxou frecuentemente pola costa oeste dos [[Estados Unidos]] buscando as escenas musicais locais da zona e nesa época adoptou o nome "Courtney Love".
 
=== Carreira musical ===
==== Primeiros proxectos ====
 
Love comezou a súa carreira musical cun breve paso como vocalista de [[Faith No More]]. Segundo Love, presentouse nun concerto en [[San Francisco]] en [[1982]] cun vestido de noiva e basicamente "esixiu" entrar na banda para substituír ao seu cantante. Tiña 18 anos e estivo pouco tempo na banda, aínda que posteriormente conservaría a amizade con Roddy Bottum.
 
Liña 61 ⟶ 59:
Influenciados polos sons e o estilo das bandas de [[no wave]], Love buscou á [[Kim Gordon]], baixista de [[Sonic Youth]], para producir o seu primeiro álbum, unha proposición que Gordon aceptou. O álbum de estrea de [[Hole]], ''[[Pretty on the Inside]]'', foi editado en setembro de [[1991]] a través do selo [[Caroline Records]] e foi producido por Gordon e por Don Fleming, da banda [[Gumball]]. Tivo boas vendas para ser unha edición independente, e recibiu críticas favorables na prensa musical alternativa británica, chegando ao posto 59 da lista británica de álbums en outubro de [[1991]]. Love saiu de xira con Hole para promocionar o traballo nos [[Estados Unidos]] e a esta seguíulle outra por [[Europa]] e o [[Reino Unido]].
 
Durante este período, Love fixérase amiga de moitas figuras da escena do [[rock alternativo]], como [[Michael Stipe]] de [[R.E.M.]] e [[Billy Corgan]] de [[The Smashing Pumpkins]] (co cal saiu durante un tempo). En xaneiro de [[1989]], Love tivo o seu primeiro encontro co líder de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]] [[Kurt Cobain]] en [[Portland, Oregon|Portland]] no club nocturno Satyricon, onde traballara na súa adolescencia. Cobain e a súa banda, que nese momento aínda se movían polo ''underground'', tocaran nese clube esa noite. Love e Cobain comezaron a sair en [[1991]] e casaron en [[1992]]. Tiveron a súa única filla, Frances Bean Cobain, no mes de agosto de [[1992]].
 
==== Éxito comercial ====