Constantin Brâncoveanu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: it:Constantin Brâncoveanu; cambios estética
Liña 2:
'''Constantin Brâncoveanu''', nado en [[Brâncoveni]] en [[1654]] e finado en [[Istanbul]] o [[15 de agosto]] de [[1714]], foi príncipe de [[Valaquia]] entre [[1688]] e [[1714]].
 
== Biografía ==
Descendente da familia de [[boiardo]]s Craioveşti e familiar de [[Matei Basarab]], Brâncoveanu naceu na facenda de Brâncoveni, e foi criado na casa do seu tío, o ''[[stolnic]]'' [[Constantin Cantacuzino]]. Chegou a ser involucrado no conflito entre Constantin e [[Şerban Cantacuzino]], e ocupou o trono logo da misteriosa morte de Şerban. Nun principio foi apoiado por Constantin, pero a relacion deviu nun enfrontamento violento. Cantacuzino quedou exiliado, e empezou a promover o seu fillo Ştefan, mentes competía con Brâncoveanu para o apoio do [[Imperio Otomán]], do quen Valaquia era vasalo.
 
== Política ==
O príncipe empezou a negociar alianzas anti-otomanas, nun principio coa [[Casa de Hasburgo]], e despois coa [[Rusia]] de [[Pedro I de Rusia|Pedro I]]. Trala intervención en [[1710]] dos rusos en [[Moldavia]], o príncipe contactou co [[tsar]] e aceptou os seus regalos, mentres a súa rivalidade co príncipe moldavo [[Dimitrie Cantemir]] (o principal aliado rexional dos rusos) evitou unha medida política máis drástica. En lugar diso, Brâncoveanu agrupou tropas valacas en [[Urlaţi]], preto da fronteira moldava, esperando que tropas rusas entrasen no seu país para ofrecer os seus servizos ao tsar, e tamén preparándose para a contra-ofensiva otomana en caso dun cambio de fortunas. Cando varios dos seus boiardos fuxiron cara ao campamento ruso, o príncipe viuse obrigado a elixir en favor dos otomanos ou arriscar ser inimigo do Imperio Otomán, así que devolveu axiña os regalos que recibira dos rusos.
 
Liña 12:
As súas cabezas foron levadas sobre paus polas rúas de Istanbul, o que provocou inquedanza na cidade. Temendo unha rebelión, mesmo por parte dos [[Islam|musulmáns]] indignados da inxustiza cometida contra o príncipe e os seus achegados, ordeouse botar os corpos no [[Bósforo]]. Pescadores [[Cristianismo|cristiáns]] recolleron os corpos e os enterraron no Mosteiro Halchi, preto de Istanbul.
 
== Empresas culturais ==
Foi un gran mecenas da cultura. Durante o seu reinado imprimíronse en [[Bucarest]] moitos textos [[lingua romanesa|romaneses]], [[lingua grega|gregos]], [[lingua eslava|eslavos]], [[lingua árabe|árabes]], [[lingua turca|turcos]] e [[lingua xeorxiana|xeorxianos]], trala instalación dunha imprenta supervisada por [[Antim Ivireanul]]. Durante o seu reinado apareceu en Valaquia o estilo arquitectónico Brâncovenesc, coma síntese das arquitecturas [[Renacemento|renacentistas]] e [[Imperio bizantino|bizantinas]].
 
Empresas culturais coma estas baseáronse no aumento dos impostos, crecemento determinado tamén pola presión fiscal dos otomanos.
 
== Legado ==
A intriga que marcou o ascenso de Constantin e o seu reinado, está reflectida nas crónicas do seu tempo, divididas segundo o punto de vista ideolóxico: Mentres ''Letopiseţul Cantacuzinesc'' e ''Cronica Bălenilor'' amosan o retrato oficial do reinado de Brâncoveanu, [[Radu Popescu]] está en contra da política dos donos da [[Casa Cantacuzino]]. A ''Historia Hieroglyphica'' de [[Dimitrie Cantemir]] céntrase no conflito e reflicte a preferencia de Cantemir por [[Constantin Cantacuzino]], logo de se convertiren en familiares logo do matrimonio de Dimitrie Cantemir.
 
Liña 33:
}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
*[[Anton Maria Del Chiaro]], [http://cimec.ro/Carte/delchiaro/index.html ''Revoluţiile Valahiei'']
*[http://ro.wikisource.org/wiki/Istoria_%C5%A2%C4%83rii_Rum%C3%A2ne%C5%9Fti_de_c%C3%A2nd_au_desc%C4%83lecat_pravoslavnicii_cre%C5%9Ftini ''Letopiseţul Cantacuzinesc''] (en romanés antigo).
*[http://www.credo.ro/sfintii-brancoveni.php Biografía oficial da Igrexa Ortodoxa] {{ro}}
* [http://romaniancoins.ancients.info/brancoveanu.htm Moedas valacas usadas no tempo de Constantin Brâncoveanu]
* [http://www.bar.acad.ro/www_rom/brincov.html Contrato de arrendamento do príncipe, coa súa firma e selo]
 
[[Categoría:Historia de Romanía]]
Liña 51:
[[hu:II. Konstantin havasalföldi fejedelem]]
[[id:Constantin Brâncoveanu]]
[[it:Constantin Brâncoveanu]]
[[nl:Constantin Brâncoveanu]]
[[pl:Konstantyn Brincoveanu]]