Batalla de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: lb:Loftschluecht iwwer England
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 13:
[[Ficheiro:Flag of Italy (1861-1946).svg|20px]] [[Italia]]
}}
A '''Batalla de [[Inglaterra]]''' foi unha das batallas máis importantes da [[Segunda Guerra Mundial]], librada entre as forzas aéreas do [[Reino Unido]] ([[Royal Air Force|RAF]]) e a [[Alemaña]] [[nazi]] (''[[Luftwaffe]]'') nos ceos de [[Gran Bretaña]] durante [[1940]] e [[1941]]. Segundo os historiadores británicos, comeza o [[10 de xullo]] de [[1940]] e remata o [[31 de outubro]] de [[1940]], mentres que os alemáns din que durou dende [[agosto]] de [[1940]] ata [[maio]] de [[1941]]; dependendo de que se considera batalla. Non obstante, os combates aéreos alcanzaron o seu cumio dende agosto ata outubro de 1940, onde sucederon as loitas decisivas.
 
== Situación ==
Liña 21:
Para invadir Gran Bretaña, Alemaña tiña que asegura-los mares destruíndo a inmensa flota do Imperio Británico, e para destruí-la flota primeiro tiña que asegurarse a superioridade aérea, e polo tanto aniquilar ás forzas aéreas e as industrias que as nutrían de avións. Alemaña tamén quería bombardear obxectivos estratéxicos para así mina-la moral do pobo británico, seguindo as teorías de "bombardeo estratéxico" que puxera en práctica durante a [[Guerra Civil Española]] e a [[invasión de Polonia]].
 
O mariscal do aire da ''[[Luftwaffe]]'', [[Hermann Göring]], chamou ó plan de ataque ''Adlerangriff'' ("Ataque de aguia"), que comezaría o [[11 de agosto]] de [[1940]]. Antes, dende o [[10 de xullo]] que citan as fontes británicas, os alemáns porían a proba a capacidade da [[Royal Air Force|RAF]] no [[Canal da Mancha]].
 
== Organización dos exércitos ==
Liña 36:
 
=== RAF ===
O Mando de Caza da [[Royal Air Force|RAF]], baixo o mando do Mariscal en xefe do Aire sir [[Hugh Downing]], estaba organizada en tres Grupos, pero debido a que a area de 11º Grupo era demasiado ampla e estaba situada moi preto das forzas alemás do norte de [[Francia]], Downing decidiu crear un cuarto Grupo, o 10º.
 
* 10º Grupo: dirixido polo vicemariscal do aire sir [[Christopher Quintin-Brand]], cubría a metade suroccidental de [[Inglaterra]].