Supermarine Spitfire: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: fy:Supermarine Spitfire
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 16:
| variantes co seu propio artigo = [[Supermarine Seafire]]<br />[[Supermarine Spiteful]]
}}
O '''Supermarine Spitfire''' é un [[avión]] de caza usado pola [[Royal Air Force|RAF]] e moitos países aliados durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. Foi producido en maior número que outros avións británicos e foi o único caza aliado en produción durante toda a guerra.
 
== Características ==
Producido por [[Supermarine]], o Spitfire foi deseñado por R.J. Mitchell, que continuou mellorándoo ata a súa morte en [[1937]], o Spitfire prestou servizo durante a totalidade da II GM en todos os teatros de guerra, e en diferentes variantes, durante a [[Batalla de Inglaterra]] (1940), demostrou a súa efectividade en combate, derrubando a maioría de cazas alemás, mentres o [[Hawker Hurricane]], ó ser más pesado e resistente, derrubaba [[bombardeiro]]s. O seu primeiro voo foi [[5 de marzo]] de [[1936]], fabricáronse 20.000 avións en máis de 40 versións entre [[1938]] e [[1948]] e retirouse na [[Royal Air Force|RAF]] en [[1952]].
 
== Historia ==
Liña 27:
O primeiro Spitfire de serie voou case dous anos despois, o [[11 de maio]] de [[1938]], un ano máis tarde do previsto. Estaba equipado coa nova versión do motor Merlin, que lle daba unha velocidade de 470 millas/hora, cando o prototipo o voara a un máximo de 380. Isto puxo de manifesto un problema que tiña o Spitfire e que sería arranxado moito máis adiante: as superficies de control eran de revestimento téxtil, e a velocidades por riba das 400 millas/hora inchábanse e facían o avión practicamente ingobernable.
 
O [[12 de xullo]] de [[1938]] comezouse a construír preto de [[Birmingham]] a fábrica onde se producirían os Spitfire. En agosto chegarían os primeiros avións a unidades operativas, concretamente aos Escuadróns 19 e 66 da [[Royal Air Force|RAF]] baseados no aeródromo de [[Duxford]]. Eses dous escuadróns terían todos os seus aparatos a finais dese ano.
 
Durante eses primeiros meses de servizo faríanse modificacións no Spitfire Mk I. Primeiro cambiouse a hélice bipala de madeira de paso fixo por outra tripala de dobre paso; pasouse de usar gasolina de 87 [[octano]]s a usar a de 100, que incrementaba a potencia do motor Merlín case 300 cabalos, chegando ata os 1.310, usando un sobrecompresor; e todos os avións foron equipados con radio e con blindaxe diante e detrás do piloto.