Hidrófilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
A [[auga]] contén un átomo moi [[electronegatividade|electronegativo]], o [[osíxeno]], que retén en certa medida os electróns que comparte co [[hidróxeno]] no [[enlace covalente]], creando un desequilibrio de cargas e orixinando unhas débiles cargas eléctricas parciais, que son negativas (δ<sup>-</sup>) no osíxeno, e positivas (δ<sup>+</sup>) no hidróxeno, polo que é unha molécula neutra dipolar. As substancias hidrofílicas teñen carga eléctrica ou grupos químicos polares neutros (con átomos electronegativos) nos que se forman tamén cargas parciais, polo que poden establecer [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]] coas moléculas de auga, o que facilita a súa solubilidade. As moléculas hidrofílicas tamén se chaman '''polares'''.
 
As substancias hidrófilas absorben moita auga.
 
Cando unha substancia con carga total ou parcial negativa se disolve en auga, as moléculas de auga rodéana pola zona onde están os seus hidróxenos (con δ<sup>+</sup>). Cando a molécula ten carga total ou parcial positiva, as moléculas de auga rodéana pola zona do osíxeno (con δ<sup>-</sup>). Esta auga que rodea as moléculas hidrófilas disolvidas denomínase auga de [[solvatación]].