Hidrófobo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 13:
==Química==
 
De acordo coa [[termodinámica]], a materia procura estar nun estado de baixa enerxía, e os enlaces reducen a enerxía química. A auga é unha molécula [[dipolar]], xa que a gran [[electronegatividade]] do [[osíxeno]] retén conen grancerta forzamedida os electróns que comparte no [[enlace covalente]] co [[hidróxeno]], creando un desequilibrio de cargas, que orixina unhas febles cargas eléctricas, chamadas cargas parciais (δ), que son negativas sobre o osíxeno e positivas sobre os hidróxenos. Isto fai que a molécula de auga se poida unir por [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]] a moléculas ionizadas ou polares, e que as disolva con facilidade. Unha molécula de auga tamén forma pontes de hidróxeno con outras moléculas de auga, o que lle dá á auga as súas propiedades características.
 
Como as substancias hidrófobas non están polarizadas electricamente, non poden formar pontes de hidróxeno coa auga, polo que ao introducilos nunha masa de auga, as moléculas de auga escaparán da zona onde está a molécula hidrófoba, xa que se enlazarán con outras moléculas de auga das proximidades (que tamén teñen cargas eléctricas parciais). Na práctica é como se a auga "repelese" á molécula hidrófoba, aínda que o que está a facer é unirse consigo mesma.