Membrana plasmática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m r2.5.1) (Bot: Engado: hu:Sejtmembrán
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 6:
A membrana plasmática está composta por [[proteína]]s, [[lípido]]s e [[glícido]]s, cuxas masas gardan proporcións aproximadas de 50%, 40% e 10% respectivamente. As moléculas máis numerosas son as de lípidos, xa que se cre que por cada 50 lípidos hai unha proteína. Non obstante, as proteínas, debido ó seu maior tamaño, representan aproximadamente o 50% da masa da membrana. Entre as proteínas, o 80% son intrínsecas, mentres que o 20% restantes son extrínsecas. Das proteínas pódense atopar as translocadoras ou as [[enzima]]s asociadas a membrana, entre outras.
 
Os lípidos da membrana son anfipáticos. Isto quere dicir que presentan un lado [[hidrófilo]] (que dá a cara á auga) e un lado [[hidrofóbico]] (que non se xunta coa auga). De entre os lípidos, os máis importantes son os fosfolípidos e esfingolípidos, que se atopan en tódalas células; séguenlle os glicolípidos, así como esteroides, como o [[colesterol]]. Estes últimos non existen ou son escasos nas membranas plasmáticas das [[Célula procariota|células procariotas]].
 
== Estrutura ==