Club Pontumio: Diferenzas entre revisións

equipo galego de baloncesto
Contido eliminado Contido engadido
Páxina nova
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de novembro de 2011 ás 17:02

O Club Pontumio é un equipo de baloncesto de Pontedeume.

Historia

Nace en setembro de 1992 ao independizarse a sección de baloncesto da Agrupación Deportiva Couceiro Freijomil, da que formaba parte desde había máis de dez anos.

A Sección de baloncesto da A. D. Couceiro Freijomil

Durante a etapa dentro da A. D. Couceiro Freijomil, o club acadou numerosos éxitos en tódalas categorías de baloncesto de base onde, a parte de numerosos títulos na ligas e copas locais, cómpre destacaren os seguintes logros:

  • Campión galego infantil feminino.
  • Campión provincial alevín masculino.
  • Campión galego infantil masculino.
  • Subcampión galego infantil masculino.
  • Participación na fase de sector do Campionato de España infantil masculino en Pamplona.
  • Subcampión galego cadete feminino.
  • Terceiro posto na fase de sector, en Vitoria, do Campionato de España cadete feminino.

O Club Pontumio

Na nova andaina seguen repetíndose os éxitos da etapa anterior. Ademais dos títulos de liga e copa locais destacan os seguintes, todos en categoría feminina xa que desaparecen do club os equipos de competición masculinos:

  • Subcampión galego xuvenil.
  • Campión galego xuvenil.
  • Participación na fase de sector do Campionato de España xuvenil en Zamudio (Biscaia).
  • Campión provincial alevín.
  • Participación na fase de sector do Campionato de España infantil en Pontedeume, cuxa organización correu a cargo do club.
  • Participación na fase final do Campionato galego infantil en Pontevedra.
  • Subcampión provincial alevín.
  • Campión galego cadete.
  • Campión provincial alevín.
  • Campión provincial alevín.
  • Campión provincial alevín.
  • Campión provincial alevín.
  • Semifinalista na fase de sector do Campionato de España infantil en León.
  • Campión da Copa da Federación Galega de Baloncesto cadete.
  • Terceiro posto na liga galega cadete.
  • Campión galego cadete.
  • Terceiro posto no Campionato galego xuvenil.
  • Terceiro posto na fase de sector do Campionato de España xuvenil.
  • Participación na fase de sector do Campionato de España infantil en Astillero (Cantabria).
  • Subcampión provincial alevín.
  • Subcampión galego cadete.
  • Participación no Campionato de España cadete en Zaragoza no que disputaron os oitavos de final.
  • Subcampión galego alevín.

A parte dos torneos oficiais, o club participou en numerosos torneos non oficiais, tanto en Galicia (Lourenzá, Lugo, Baiona) como no resto de España (Ponferrada, Logroño) e Portugal (Coimbra) resultando gañador nalgunhas ocasións.

Estrutura do club

O equipo abarca os perídos de aprendizaxe-formación (dos 7 aos 11 anos) e de competición federada (dos 11 aos 18 anos). Porén admítense nenos e nenas a partir dos 5 anos.

Desde o ano 2001 organiza un torneo de minibasket ao final da tempada. Outras actividades son o Campus de Semana Santa desde 2007, o torneo 3x3 de Nadal, o torneo Festas das Peras e as Xornadas de Tecnificación de Verán.

Período de aprendizaxe-formación

No período de aprendizaxe-formación desenvólvese, de setembro a maio de cada tempada, unha escola de baloncesto de base onde se aprenden os fundamentos e a técnica do baloncesto. Neste perído admítense tanto a nenos como a nenas.

Período de competición

O período de competición federada está dirixido unicamente a rapazas e céntrase na participación dos equipos femininos nas competicións locais, zonais e autonómicas organizadas polas federacións ferrolá e galega de baloncesto.

O club ten equipos nas categorías femininas de alevín, infantil, cadete e xuvenil. Non posúe equipo sénior pois a filosofía do club está orientada á formación de baloncestistas. Porén, se facilita o acceso das xogadoras formadas no club a equipos de categoría sénior onde poidan continuar a súa carreira deportiva.

Baloncestistas destacadas

Ao longo da súa existencia, moitas foron as xogadoras do club que formaron parte tanto das seleccións de Ferrolterra, como das galegas en tódalas categorías que posúe o club.

Entre as xogadoras formadas no club e que chegaron a competiren en competicións de primeiro nivel, destacan:

Véxase tamén

Bibliografía

  • La Voz de Galicia, 15 de xaneiro de 1993.
  • Artigo sobre o club no programa das Festas das Peras de Pontedeume, ano 1994.
  • Número de Xullo 2010 da revista Pegadas.