Adenina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
A '''adenina''' é unha das cinco bases nitroxenadas que forman parte dos ácidos nucleicos ([[ácido desoxirribonucleico|ADN]] e [[ácido ribonucleico|ARN]]) e no [[código xenético]] represéntase coa letra [[A]]. As outras catro bases son a [[guanina]], a [[citosina]], a [[timina]] e o [[uracilo]]. No ADN a adenina sempre se emparella coa timina.
 
Forma os nucleósidos '''[[adenosina]]''' (Ado) e '''[[desoxiadenosina]]''' (dAdo), e os nucleótidos '''[[AMP|adenilato]]''' (AMP) e '''[[dAMP|desoxiadenilato]]''' (dAMP).
 
Na bibliografía antiga, a adenina foi algunha vez chamada vitamina B4; porén, hoxe non se considera unha verdadeira vitamina.
A súa fórmula é [[carbono|C]]<sub>5</sub>[[hidróxeno|H]]<sub>5</sub>[[nitróxeno|N]]<sub>5</sub>. É un derivado da [[purina]] (é unha base púrica) na que un hidróxeno foi substituído por un [[grupo amino]] (NH<sub>2</sub>):
 
Ó igual que a guanina, a citosina, a timina e o uracilo (todas bases nitroxenadas), forma parte dos nucleótidos que constitúen as longas cadeas de ácidos nucleicos; cada nucleótido está formado por un grupo fosfato, un azucre de cinco carbonos ([[ribosa]] ou [[desoxirribosa]]) e unha destas bases. Na estrutura de dobre hélice en forma de ''escada retorta'' que presenta o ácido desoxirribonucleico (ADN), cada base acóplase con outra base específica, formando os traveseiros da escaleira. A unión destas bases prodúcese por afinidade química, de forma que no ADN, a adenina sempre se une á timina. Nas secuencias de nucleótidos, a adenina represéntase pola letra A.