Cuadrilla de Laguardia-Rioxa Arabesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
 
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Arabako Errioxako Kuadrilla.svg|300px|thumb|Situación da cuadrilla en [[Álava]].]]
[[Ficheiro:Escudo de la Cuadrilla de Laguardia-Rioja Alavesa.svg|150px|thumb|Escudo da cuadrilla]]
A '''Rioxa Alavesa''', ou '''Cuadrilla de Laguardia-Rioja Alavesa''' (en [[lingua éuscara|éuscaro]]: ''Guardia-Arabako Errioxako Eskualdea''), é unha das sete comarcas ou [[Cuadrillas de Álava|cuadrillas]] do territorio histórico de [[Álava]], no [[Comunidade Autónoma Vasca|País Vasco]].
 
Dous claros accidentes xeográficos marcan os seus límites norte e sur. Está delimitada ao norte pola muralla da [[Serra de Cantabria]] e a [[Serra de Toloño]], que a separan do resto de Álava e ao sur polo río [[Ebro]], que a separa da veciña comunidade autónoma da [[A Rioxa - La Rioja|Rioxa]]. [[La Sonsierra]] rioxana, formada polos municipios de [[Ábalos]] e [[San Vicente de la Sonsierra]], situados ao norte do [[río Ebro]], pertencen á comunidade autónoma da Rioxa, aínda que xeograficamente pertenza á ribeira esquerda. La Sonsierra divide á Rioxa Alavesa en dúas partes separadas: [[Labastida]], situada ao oeste, e o resto de municipios rioxano-alaveses ao leste. Os límites con [[Navarra]] cara ao leste non están baseados en claros accidentes xeográficos.