Mosaico fluído: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 15:
O modelo de Davson e Danielli era o máis aceptado ata a década de 1970 na que foi substituído polo de Singer e Nicolson. O modelo de Davson e Danielli parecía apoiado polos estudos iniciais de microscopía electrónica, na que a membrana parecía ter tres bandas: dúas escuras e unha clara central. O modelo hipotizaba unha estrutura da membrana en tres capas. As dúas capas externas serían proteicas e monomoleculares, e a interna estaría formada polos lípidos, que á súa vez formarían dous estratos lipídicos, coas colas hidrófobas no interior e as cabezas polares mirando á capa proteica externa. As proteínas cubrirían tamén os poros da membrana, que interromperían esta en diversos puntos. As propiedades da membrana como barreira estarían explicadas polas repulsións electrostáticas exercidas pola capa proteica (idea incorrecta). Este modelo é incompatible cos principios da termodinámica debido a que os grupos apolares dos aminoácidos das proteínas das capas externas estarían expostos á auga, mentres que os apolares estarían en contacto coa auga, o que faría a estrutura moi inestable.
 
Os primeiros traballos de microscopía electrónica da membrana foron interpretados como que as capas escuras aos electróns externos eran as capas proteicas, e a capa central clara eran os lípidos, pero despois, os traballos de J. D. Robertson e a súa teoría da "unidade de membrana" suxerían a idea de que todas as membranas estaban formadas por dúas capas lipídicas coas cabezas polares no exterior (bandas escuras da microscopía) e as partes hidrófobas no centro (banda clara). A fluidez foi establecida posteriormente con experimentos como os de Mueller e Rudin<ref name="Mueller1962"> P Mueller, D O Rudin, H I Tien, and W C Wescott."Reconstitution of cell membrane structure in vitro and its transformation into an excitable system." Nature. (1962) 194. 979-980.</ref> con bicapas lipídicas artificiais, e os Frye e Edidin<ref name="Frye1970"/> con células híbridas, e , finalmente, co modelo de Singer e Nicolson <ref name="Singer1972"> S J Singer and G L Nicolson."The fluid mosaic model of the structure of cell membranes." Science. (1972) 175. 720-731.</ref>, que explicaba a fluidez, formación de canles, interaccións das proteínas e outras características das membranas.
 
== Modelo do mosaico fluído==