Facultade de Informática da Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 7:
[[Ficheiro:Logo_25_anos_da_FIC.png|thumb|left|250px|Logotipo conmemorativo do 25 aniversario da fundación da Escola Universitaria de Informática da Coruña ([[1986]]-[[2011]]).]]
 
A idea de crear na [[Coruña]] unha escola universitaria de [[informática]] comezou a tomar corpo entre [[1983]] e [[1985]], promovida desde diferentes sectores e entidades. Desta demanda fixéronsefíxose eco [[Alfredo Bermúdez de Castro]] e [[José Luís Freire Nistal]], por entón vicerreitor e profesor na [[Universidade de Santiago de Compostela]] respectivamente, conseguindo que a reitoría convocase a debate ás empresas informáticas e ós profesionais máis relevantes do país naquel momento, así como ós representantes das facultades e escolas de informática existentes, coa finalidade de determinar a mellor orientación dos futuros estudos superiores de Informática en [[Galicia]]. Esta reunión, que se celebrou co apoio da [[Deputación da Coruña]] no [[pazo de Mariñán]], deixou sentadas as bases da carreira.
 
En 1986 a Universidade de Santiago creou a Escola Universitaria de Informática da Coruña, como primeiro paso para a creación dunha facultade, e nela integráronse importantes figuras académicas e algúns profesionais que se comprometeron coa idea. Entre todos elaboraron un primeiro plan de estudos que sería posteriormente aprobado polo consello de universidades: a diplomatura en informática. Nesta etapa foi destacable o apoio do concello da Coruña.