Condado portucalense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ja:ポルトゥカーレ伯領
desfago homónimos
Liña 6:
O '''condado Portucalense''' foi unha entidade [[política]] existente en dúas ocasións no actual territorio de [[Portugal]] ao longo do proceso de [[Reconquista]].
 
O primeiro foi fundado por [[Vimara Pérez]] despois da presúria de Portucale ([[Porto, Portugal|Porto]]) en [[868]], formándose un título hereditario. O condado foi gobernado por numerosos condes, desde [[Vimara]] ou ''Guimara'' ata [[1071]], cando o rei galego [[García Ide Galicia]] tivo que sufocar a rebelión do seu titular, o conde [[Nuno Mendes]], que sería derrotado na [[batalla de Pedroso]], pasando o título a mans reais.
 
O segundo foi constituído contra [[1095]] en [[Feudalismo|feudo]] do rei [[Afonso VI de León e Castela|Afonso VI]], que llo ofreceu a [[Henrique de Borgoña]], un [[Borgoña|borgoñón]] que veu auxilialo na Reconquista de terras ós [[musulmáns|mouros]], e que recibiu tamén a man da súa filla [[Tareixa de León]]. Este último condado era moito maior en extensión, xa que abarcaba tamén os territorios do antigo condado de [[Coimbra]], suprimido en [[1091]], partes de [[Trás-os-Montes]] e aínda do sur de [[Galicia]] (mormente da diocese de Tui).
 
Hai que notar que Condado é un termo xenérico para designar o territorio Portucalense, xa que os seus xefes eran alternativamente titulado ''Comite'' (conde), ''Dux'' (duque) ou ''Princeps'' (príncipe).