Predrag Danilović: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 33:
}}
'''Predrag "Saša" Danilović''' (en [[serbio]]: Предраг "Саша" Даниловић), nado o [[26 de febreiro]] de [[1970]] en [[Saraievo]], [[RFS Iugoslavia|Iugoslavia]] (actual [[Bosnia e Hercegovina]]) e un ex-xogador profesional de [[baloncesto]] con pasaporte [[Serbia|serbio]] e actual presidente do [[KK Partizan]] de [[Belgrado]]. Está considerado un dos [[50 maiores contribuidores da Euroliga|trinta e cinco mellores xogadores da historia]] da [[Euroliga]]. Cunha altura de 2,01 metros xogaba nas posicións de escolta e aleiro. É tamén membro da [[ONG]] Grupa 7 adicada a axudar aos nenos afectados polas [[Guerras iugoslavas|guerras iugoslavas]].
 
== Traxectoria ==
Procedente da canteria do [[KK Bosna Saraievo]] de [[Saraievo]], Danilović con tan só 18 anos, en [[1988]], co [[KK Partizan]] de [[Belgrado]], onde xogou con éxito os seus seguintes anos, gañando unha [[YUBA Liga|liga iugoslava]], dúas copas, unha [[Copa Korać]] e a [[Euroliga]]. Tras gañalo todo no seu país, fichou pola [[Virtus Bologna]] en [[1992]] da [[Lega Basket serie A|Serie A italiana]], converténdose pronto no ídolo da afección e unha lenda polo seu carismático e gañador xogo. Alí gañou tres [[Liga de baloncesto de Italia|ligas]] de maneira consecutiva.
 
Danilović, que xa se presentara ao [[Draft da NBA]] en [[1992]], onde foi elixido na segunda rolda (posto 43) polos [[Golden State Warriors]]. Así, no ano [[1995]], tras gañar múltitude de títulos en [[Europa]] decidiu probar sorte na [[NBA]], xogando dous anos en [[Miami Heat]] e un terceiro en [[Dallas Mavericks]]. En Miami fixo unha media de 13,4 puntos por partido ([[1995]]-[[1996|96]]) antes de caer lesionado e non reaparecer até os play-offs, que lle enfrontaron aos [[Chicago Bulls]] de [[Michael Jordan]]. En [[1997]], xa traspasado a Dallas, promedia 16,6 puntos por partido (terceiro máximo anotador do equipo) e dá por finalizada a súa etapa NBA, algo estraño considerando que sempre foi o escolta titular dos seus equipos.
 
Así, tras 56 partidos en dúas tempadas, onde fixo unha media de 12,8 puntos en 31,1 minutos por partido, regresou a [[Italia]], outra vez á [[Virtus Bologna|Virtus]]. Na súa segunda estancia en [[Boloña]] gañou tres títulos, até a súa retirada no ano [[2000]]: unha liga, unha copa e a [[Euroliga]]. Na tempada [[1997]]-[[1998|98]] a Kinder Bologna, adestrada por [[Ettore Messina]] e liderado por Danilović, disputa as finais da [[Lega Basket Serie A|LEGA]] contra os veciños do [[Teamsystem Bologna]], liderados por [[Dominique Wilkins]], [[Gregor Fučka]], [[David Rivers]] e [[Carlton Myers]]. Nas finais prodúcese un interesante duelo entre Wilkins e Danilović, que se decantou a favor do serbio, cando no quinto e definitivo partido anotou nos últimos segundos unha xogada de catro puntos, triplo frontal a sete metros con falta incluída de Wilkins. Danilović anota o tiro libre e o seu equipo gaña a título máis disputado da década. Foi nomeado o [[MVP]] da liga nesa campaña.
 
== Véxase tamén ==
Liña 38 ⟶ 45:
* [http://www.nba.com/historical/playerfile/index.html?player=sasha_danilovic Páxina na web da NBA]
* [http://195.56.77.208/player/?id=DAN-PRE-70 Páxina na web da Lega Basket]
 
 
{{Euroliga 50}}