Diferenzas entre revisións de «Templo de Santalla de Bóveda»

lig. cara homónimos
(amaño modelo Coordenadas)
(lig. cara homónimos)
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-22.JPG|thumb|250px|Relevo na fachada]]
 
Desde as primeiras escavacións houbo diferentes teorías sobre a orixe e funcionalidade do templo. Estas teorías baseábanse sobre os diferentes elementos que se ían atopando, por veces cronoloxicamente discrepantes, e ningunha delas ten, polo de agora, o acordo dos arqueólogos e historiadores. Para os distintos autores foi templo pagán destinado ós deuses [[Mitra (mitoloxía)|Mitra]] ou [[Cibeles]], templo romano, tumba de [[Prisciliano]], santuario para a curación de tolleitos e enfermos, ou mesmo templo visigodo. Outro posible uso pode se-lo funerario, abonado polo achado dunha estela funeraria reutilizada como chanzo da escaleira que accedía desde a planta superior. Posiblemente, a realidade reúna varios destes usos ó longo dos séculos ata o seu abandono definitivo que explica a perda da súa memoria.
 
===Taurobolium mitraico===
Unha das teorías propostas, sobre a presenza desa piscina central, é a de que fose un templo romano dedicado ó deus [[Mitra]], culto introducido polos soldados romanos en Galicia e, de feito, en Lugo atopouse unha ara votiva a Mitra dos tempos do emperador [[Caracalla]] (211-217). Sábese que o culto a esta deusa incluía un bautismo dos fieis mediante o sangue dun [[vaca|boi]] sacrificado polos sacerdotes na planta alta. O sangue caería sobre os fieis, colocados na piscina, a través dunha reixa no piso desta planta superior.
 
Trala morte do boi, os sacerdotes extraían as vísceras do animal e os seus órganos sexuais e baixaban á planta baixa, na que os colocaban nunhas fornelas que existen nas paredes laterais da nave.
54.979

edicións