Sicherheitsdienst: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: zh:保安服務處
Beninho (conversa | contribucións)
amplío de es.wiki
Liña 3:
 
Como todas as demais organizacións auspiciadas polo partido nazi, durante os [[Xuízos de Nuremberg]], tras o final da [[Segunda Guerra Mundial]], foi condenada por crimes contra a humanidade e prohibida en [[Alemaña]].
 
== Historia ==
O SD creouse en [[1932]] e púxose baixo o mando de [[Reinhard Heydrich]], coa misión de detectar, investigar e neutralizar posibles inimigos dos líderes do partido nazi, tanto dentro como fóra do mesmo. Nesta función entraba nunha certa competencia coa ''[[Sturmabteilung]]'' (SA), pero, despois de moitas discusións, o [[9 de xuño]] de [[1934]] foi declarado como "servizo de información do partido" en exclusiva. En [[1938]] ampliáronse as súas atribucións, convertíndoo no servizo de información oficial para todo o estado, apoiando á [[Gestapo]] e traballando en colaboración coas administracións Xeral e Interior.
 
O SD organizou unha rede de axentes e informadores ao longo do Reich, incluindo tamén máis adiante os territorios ocupados. Consistía nalgúns centos de axentes a tempo completo, e varios milleiros de informadores ubicados en todos os campos da sociedade, incluindo o propio partido nazi e as forzas armadas alemás. O SD era a axencia encargada de conseguir a información, mentres a Gestapo e a [[Kriminalpolizei]], ou Kripo, eran as axencias executivas do sistema de policía política. Todas elas atopábanse baixo o control efectivo de [[Heinrich Himmler]] como Xefe da Policía alemá. Sumado á súa xefatura das [[SS]], convertíano nun dos xerarcas máis influintes da Alemaña nazi.
 
[[Categoría:Historia de Alemaña]]