Godofredo de Monmouth: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Liña 11:
Godofredo de Monmouth escribiu varios libros, todos en latín, a lingua da escola e da literatura en Europa durante a [[Idade Media]]. O primeiro en aparecer foi ''Prophetiae Merlini'' (as profecías de [[Merlín]]), escrito probabelmente antes de 1135, considerado o primeiro libro escrito sobre o famoso mago noutra lingua que non fose a galesa. Antes deste libro, o mago Merlín era coñecido como "Myrddin". <ref>Bromwich Rachel, ''Trioedd Ynys Prydein: The Welsh Triads'', Cardiff, 1978, p. 472 n.1</ref>. As profecías contidas neste libro foron tomadas moi en serio, e incluso foron citadas tres séculos despois. <ref>Parry e Caldwell. ''Arthurian Literature in the Middle Ages'', p. 79</ref>. As ''profecías'', que nun principio se publicaron de forma independente, foron incorporadas posteriormente á redacción da ''Historia Regum Britanniæ''. <ref>Luis Alberto de Cuenca: ''Historia dos reis de Britania'', Madrid, 1984, p. XII</ref>.
 
O seguinte libro foi a ''[[Historia Regum Britanniæ]]'' (''Historia dos reis de Bretaña''), o seu traballo máis coñecido polos lectores modernos. O traballo relata a historia británica desde o primeiro asentamento por [[Bruto de Troia]], descendente do heroe cabalo de troia [[Eneas]], ata a morte de Cadwallader no século VII, pasando polas invasións de [[Xulio César]], e unha das primeiras narracións do [[rei Artur]]. Godofredo de Monmouth advirte que a súa obra está baseada en parte nun antigo libro de Gales, aínda que poucos consideran certa esta aseveración. Gran parte do libro está baseado na obra do século IX ''[[Historia Brittonum]]'', outra chamada ''[[Historia ecclesiastica gentis Anglorum]]'', e a obra do século VI ''[[De Excidio Britanniae|De Excidio Britanniæ]]''; complementadas con lendas galesas e romanas.<ref>Thorpe, ''Kings of Britain'' pp. 14-19</ref>.
 
Máis tarde, Godofredo de Monmouth escribiu ''[[Vita Merlini]]'' (A vida de Merlín), entre 1149 e 1151. Este é a nova versión das antigas tradicións galesas sobre Myrddin. Todos estes libros foron escritos en [[lingua latina|latín]].