Diferenzas entre revisións de «Diacilglicérido»

 
== Metabolismo ==
[[File:Glycerol-3-phosphate.png|thumb|[[glicerol-3-fosfato.]]]]
A síntese de diacilglicerol empeza co [[glicerol-3-fosfato]], que se obtén principalmente da [[dihidroxiacetona fosfato]], un produto da [[glicólise]] que se atopa xeralmente no citoplasma das células hepáticas ou adiposas. O glicerol-3-fosfato é primeiro acilado polo acil-coencima A, que lle adiciona un ácido graxo que o converte en [[ácido lisofosfatídico]], o cal é acilado de novo por outra molécula de acil-coencima A, orixinando [[ácido fosfatídico]]. Por último, o ácido fosfatídico é desfosforilado formando diacilglicerol.
 
190.195

edicións