Diferenzas entre revisións de «Cianobacterias»

sen resumo de edición
m (r2.5.1) (Bot: Modifico: jv:Cyanobacteria)
O [[filo]] '''''Cyanobacteria''''' ('''cianobacterias''') inclúe as [[alga|algas azuis]], [[organismo]]s [[acuático]]s [[procarionte]]s e [[fotosíntese|fotosintéticos]] en forma de filamento, mais formando capas de materia verde-azulada en augas paradas e [[eutrófico|eutróficas]]. A maioría das [[especie]]s atópanse en [[auga doce]], mais algunhas son [[mariña]]s ou de [[solo]] húmido. Outras especies son [[simbiose|endosimbiontes]] en [[lique]]s ou en varios [[protista]]s, fornecendo [[enerxía]] aos seus [[hospedeiro]]s.
 
Foron durante moito tempo [[clasificación científica|clasificadas]] como [[alga]]s, ben na división [[Cyanophyta]], ben na clase [[Cyanophyceae]] (por iso se utiliza tamén o termo [[cianofícea]]s, aínda que o termo cianobacterias estea a gañar terreo) e estudadas polos [[botánica|botánicos]]. Actualmente sábese que estes organismos non teñen relación [[filoxenia|filoxenética]] con calquera dos grupos de algas, a non ser como probábeis [[antepasado]]s dos [[cloroplasto]]s – ver [[endosimbiose|teoría da endosimbiose]]) – e atópanse clasificados como un [[filo (bioloxía)|filo]] (ou [[división (bioloxía)|división]], para os botánicos) dentro do [[dominio (bioloxía)|dominio]] [[Bacteria]].
 
O rexistro [[fósil]] das cianobacterias indica que estes seres fotosintéticos apareceron no [[eón xeolóxico|eón]] [[Arqueano]] e deben ter sido responsábeis da aparición do [[osíxeno]] na [[atmosfera terrestre]] - o que parece ter acontecido hai preto de 2.500 millóns de anos, permitindo así a orixe da [[vida]] [[eucarionte]] (e a aparición dos organismos [[heterótrofo]]s) – ver [[estromatólito]] – e dando lugar ao que se chama actualmente o eón [[Proterozoico]] (que significa aproximadamente dos “animais primitivos”).
Usuario anónimo