Isidoro Araújo de Lira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
creo artigo
 
lig int
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Estudou humanidades en [[Tui]] e filosofía no mosteiro beneditino de [[Samos]]. En [[1835]], cando ten efecto a [[desamortización]] coa exclaustración dos bieitos, marcha a [[Madrid]] onde comeza a traballar no [[Ministerio do Interior de España|Ministerio de Gobernación]]. Posteriormente trasládase a traballar ao [[goberno civil]] de [[provincia de Salamanca|Salamanca]], onde permanece ata [[1839]].
 
Nese ano emigra a [[Cuba]] e establécese como mestre na [[A Habana|Habana]]. Alí comeza de cheo a escribir. Primeiro redacta a novela por entregas ''Ana Mir'' no xornal ''[[Noticioso y Lucero]]'', que publica entre [[1840]] e [[1841]]. No xornal tamén comeza a escribir artigos de opinión, co [[pseudónimo]] de Lira, e conseguindo máis cotas de poder no medio. Tanto é así que cando o xornal se refunda co nome de ''[[Diario de la Marina]]'', en [[1844]], Araújo faise copropietario e primeiro director.