Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 71:
Os británicos souberan polo sistema Ultra (que conseguía descifrar as mensaxes en código Enigma) sobre a vixilancia aérea do [[estreito de Dinamarca]] e da base da [[Royal Navy]] en [[Scapa Flow]], así como os plans de saída cara o [[Atlántico]] do ''Bismarck'' (porén, os británicos non desencriptaron mensaxes de Enigma sobre do ''Bismarck'' durante Rheinübung). Os cruceiros pesados británicos equipados con [[rádar]] capaces de reabastecerse de combustible en [[Islandia]], foron enviados a patrullar o estreito de Dinamarca. Os escuadróns non equipados para reabastecerse en combate agardaron un avistamento dos buques despregados. O [[20 de maio]] de [[1941]], o cruceiro sueco ''[[HMS Gotland]]'' atopou e rastrexou o grupo de combate alemán dirixíndose cara o noroeste pasado [[Göteborg]]. Un oficial noruegués en [[Estocolmo]] enterouse do avistamento por unha fonte militar sueca e informou ao agregado naval británico, que inmediatamente chamou ao Almirantazgo.
 
Alertado por este informe, ás 03:30 do [[21 de maio]], o Almirantazgo pediu un recoñecemento aéreo da costa norueguesa. Un [[Supermarine Spitfire|Spitfire]] de recoñecemento atopou e fotografou ao ''Bismarck'' no [[fiordo de Grimstad]] (60°19.49′N 5°14.48′E), preto de [[Bergen]] ás 13:15, e menos de dúas horas despois o ''Bismarck'' e o ''Prinz Eugen'' atracaron na cidade norueguesa. Con esta importante información, a [[Home Fleet]] británica enviou aos acoirazados ''[[HMS Prince of Wales]]'' e ''[[HMS Hood (51)|HMS Hood]]'', escoltados por un feixe de destrutores, cara [[Islandia]]. Catro cuceiros foron cubrir a vía de escape cara o Atlántico Norte do [[estreito de Dinamarca]] e o oco entre as [[Feroes]] e Islandia.
 
As ordes operacionais do ''Bismarck'' non requerían que repostase en Bergen (o ''Prinz Eugen'' fíxoo por necesidade), e o acoirazado non tomou combustible extra no día que pasou no Grimstadfiord. Este feito tería posteriormente consecuencias serias para o barco, sobre todo porque saira dende Gotenhafen sen que os tanques estivesen completamente cheos e xa consumira unha décima parte da súa carga durante a viaxe ata [[Noruega]]. O Almirante Lütjens sabía que un barco de repostaxe, o ''Weissenberg'', estaba agardando por eles no [[Ártico]], a polo menos un día de navegación. Foi estraño que, aínda tendo esta información, non aproveitase esa oportunidade de repostar o ''Bismarck'' para a que podería ser unha perigosa viaxe. Por outra banda, a súa decisión de parar en [[Bergen]] revocou unha decisión anterior de dirixirse directamente cara o Ártico e o ''Weissenberg''. Isto tamén lles fixo perder un día e expúxoos á detección da vixilancia aérea británica.
Liña 82:
 
=== Batalla do Estreito de Dinamarca ===
A aproximadamente as 05:30 do sábado [[24 de maio]], cando os alemáns estaban a piques de abandonar o estreito de [[Dinamarca]], os [[hidrófono]]s do ''Prinz Eugen'' detectaron a presencia de dous barcos máis a babor. Cara as 05:45 ambos estaban á vista, aínda que os alemán non identificaron á forza inimiga. Resultou ser un grupo de batalla británico formado polo novo acoirazado ''Prince of Wales'' e o envellecido cruceiro de batalla ''[[HMS Hood (51)|Hood]]'', baixo o mando do Contraalmirante Lancelot Holland. O ''Prince of Wales'' fora recentemente rematado e aínda estaban traballando nel (de feito no encontro co ''Bismarck'' había ao redor de 100 traballadores civís a bordo completando o seu equipamento). O ''Hood'' fora construído como un cruceiro de batalla e modificado para darlle a protección dun acoirazado, pero aínda tiña unha blindaxe na cuberta relativamente débil. Os alemáns non se sorprenderon de ser detectados polos barcos británicos, pero que chegasen dous buques capitais ao seu encontro foi un acontecemento inesperado.
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 146-1984-055-13, Schlachtschiff Bismarck, Seegefecht.jpg|300px|thumb|O ''Bismarck'' disparando ao ''Prince of Wales'' o 24 de maio de 1941]]
Ás 05:49 Holland ordenou fogo concentrado no barco líder inimigo, o ''Prinz Eugen'', pensando que era o ''Bismarck''. Afortunadamente para os británicos, o capitán do ''Prince of Wales'' decatouse rapidamente do erro e cambiaron o seu obxectivo. Holland modificou a súa orde para interceptar o barco correcto, pero non chegou a tempo da prieira salva do ''Hood''.O ''Hood'' realizou os primeiros disparos da batalla ás 05:52, cando xa era de día, seguido pouco despois polo ''Prince of Wales''. O alcance dos barcos alemáns era de aproximadamente 20 km. A primeira salva do ''Hood'' impactou preto do ''Prinz Eugen'', causando danos menores pola metralla preto das torretas de popa.