Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m amaño Victorious por causa de homonimia
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 67:
== Operación Rheinübung ==
=== Ruptura no Atlántico ===
O ''Bismarck'' completou as preparacións para a súa saída cara o [[Atlántico]] no [[golfo de Gdansk]], reabastecéndose de combustible e deixando o porto de Gotenhafen (na actualidade [[Gdynia]]) para a súa primeira e única misión, co nome en código ''Rheinübung'' nas primeiras horas do [[19 de maio]] de [[1941]]. Estaba acompañado só polo [[cruceiro pesado]] ''[[Cruceiro Prinz Eugen|Prinz Eugen]]''. Outros barcos capitais, como os acoirazados ''[[Gneisenau]]'' e ''[[Scharnhorst]]'', que ían participar na operación, non estaban dispoñibles por problemas mecánicos e danos de combate. Por outra banda, os plans de usar o barco irmán do ''Bismarck'', o ''[[Tirpitz]]'', foron deixados de lado porque aínda non rematara as probas no mar. A pesar destes contratempos, a misión seguiu adiante baixo o mando do Almirante Günther Lütjens. Os alemáns tiñan varios obxectivos: destruir o maior número de buques aliados posible e forzar aos británicos a suspender os convois, aínda que fose temporalmente; compensar a súa débil presencia de submarinos no [[Atlántico]]; desviar forzas navais británicas do [[Mediterráneo]] para reducir os riscos da planeada invasión de [[Illa de Creta - Κρήτη|Creta]] e para permitir o apoio e reforzo dos [[Afrika Korps]] de [[Erwin Rommel|Rommel]] en [[Libia]]; e desgastar os buques de guerra británicos forzados a extender as súas patrullas. Para a primeira parte da viaxe, ata [[Noruega]], preferíuse a ruta do [[mar Báltico|Báltico]] en lugar de cruzar pola [[canle de Kiel]] para chegar ao [[mar do Norte]].
 
Os británicos souberan polo sistema Ultra (que conseguía descifrar as mensaxes en código Enigma) sobre a vixilancia aérea do [[estreito de Dinamarca]] e da base da [[Royal Navy]] en [[Scapa Flow]], así como os plans de saída cara o [[Atlántico]] do ''Bismarck'' (porén, os británicos non desencriptaron mensaxes de Enigma sobre do ''Bismarck'' durante Rheinübung). Os cruceiros pesados británicos equipados con [[rádar]] capaces de reabastecerse de combustible en [[Islandia]], foron enviados a patrullar o estreito de Dinamarca. Os escuadróns non equipados para reabastecerse en combate agardaron un avistamento dos buques despregados. O [[20 de maio]] de [[1941]], o cruceiro sueco ''[[HMS Gotland]]'' atopou e rastrexou o grupo de combate alemán dirixíndose cara o noroeste pasado [[Göteborg]]. Un oficial noruegués en [[Estocolmo]] enterouse do avistamento por unha fonte militar sueca e informou ao agregado naval británico, que inmediatamente chamou ao Almirantazgo.