Diferenzas entre revisións de «Xosé Manuel Sánchez Rei»

sen resumo de edición
 
==Traxectoria==
Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[1997]] e doutorouse na [[Universidade da Coruña]] en [[2001]], onde actualmente exerce a docencia como Profesor Titular na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa. Gañou o Certame [[Ricardo Carvalho Calero]] na modalidade de ''Investigación Lingüística'' en [[1998]] coa obra ''Sintaxe do pronome átono en galego: a interpolación'', posteriormente moito modificada e publicada baixo o título de ''Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego'' en [[1999]]. É secretario da Revista Galega de Filoloxía e membro do seu Consello de Redacción desde o seu aparecemento no ano [[2000]].
 
==Obras==
===Ensaio===
*''Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego'', [[1999]], [[Laiovento]].
*''Os pronomes demostrativos: do latín ao galego contemporáneo'', [[2002]], Monografía 1 da Revista Galega de Filoloxía.
*''A lingua galega no cancioneiro de [[Xosé Pérez Ballesteros|Pérez Ballesteros]]'', [[2006]], Laiovento.
 
===Obras colectivas===
*''Ensaio histórico e económico: antoloxía'', [[1997]], [[AS-PG]]/[[Edicións A Nosa Terra|A Nosa Terra]]. Coeditor con Bieito Alonso, María do Carme García Negro e Luís Obelleiro Piñón.
*''O pensamento galeguista da posguerra: antoloxía'', 1997, AS-PG/A Nosa Terra. Coeditor con [[Xoán Carlos Garrido Couceiro]].
*''[[Ricardo Carvalho Calero]]: ciencia, literatura e nación'', [[2001]], Universidade da Coruña. Coeditor con [[Carlos Caetano Biscaínho]].
*''A lingua literaria galega no século XIX'', [[2005]], Universidade da Coruña. En colaboración con [[Xosé Ramón Freixeiro Mato]] e Goretti Sanmartín Rei.
 
===Traducións===
*''Curso de Lingüística Xeral'' de [[Ferdinand de Saussure]], [[2005]], Laiovento. (Introdución, tradución e notas).
 
==Premios==
*Gañador do Certame Ricardo Carvalho Calero na modalidade de ''Investigación Lingüística'' en [[1998]] coa obra ''Sintaxe do pronome átono en galego: a interpolación'', posteriormente modificada e publicada baixo o título de ''Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego''.
 
==Véxase tamén==
9.618

edicións