Jorge Verstrynge: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Modificado: es:Jorge Verstrynge
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Jorge Verstrynge Rojas''', nado en ([[Tánxer]], en [[1949]]), é profesor titular de Ciencias Políticas na [[Universidade Complutense]] de Madrid. Está especializado en Xeopolítica, Partidos Políticos, Mundialización e Inmigración.
 
== Traxectoria ==
Comezou a súa carreira política no seo da extrema dereita francesa, adscrito á corrente nacional-bolxevique, segundo confesa no seu libro ''Memorias dun maldito''. Alumno de [[Manuel Fraga]] na universidade, foi un dos fundadores de [[Reforma Democrática]], embrión do que logo sería [[Alianza Popular]]. Foi deputado nacional (1982-1989) e Secretario Xeral de [[Alianza Popular]] entre 1979 e 1986, aínda que con anterioridade ocupara a Secretaría de Acción Territorial (1976-1978) e a Secretaría de Organización (1978-1979). Candidato á alcaldía de [[Madrid]] no 1983 por AP, resultou derrotado polo socialista [[Enrique Tierno Galván]]. Tras verse obrigado a dimitir polo seu enfrontamento con [[Manuel Fraga]] o 1 de setembro de 1986, evolucionou ideológicamenteideoloxicamente para posturas políticas socialistas e europeístas e, actualmente, marxistas e antimundializadoras.
 
Formou parte do [[Partido Socialista Obreiro Español]], aínda que sen ocupar ningún cargo de importancia. Posteriormente foi asesor do político comunista catalán [[Francisco Frutos]], ao que dixo considerar un político sincero e intelixente.
 
== Véxase tamén ==
 
=== Ligazóns externas===
* [http://www.ciudadano.eu Blog de Jorge Verstrynge] {{es}}
 
[http://www.ciudadano.eu Blog de Jorge Verstrynge]
 
 
[[Categoría:Políticos de España]]