Coalición Progresista Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
desfago homónimos
Liña 11:
A Coalición Progresista Galega acadaría a terceira posición moi por diante do [[CDS]], o seu competidor no espazo de centro, e do BNG, que nun proceso de moderación do seu discurso aparecía xa disputando electorado nacionalista de centroesquerda. O outro potencial competidor, o PNG, conseguira resultados moi cativos.
 
En total, a CPG acadou 610 concelleiros e 54 alcaldías (a segunda forza política, o [[PSOE]], só atinxiría dúas máis). Na cidade de [[Lugo]] o seu candidato, [[Vicente Quiroga Rodríguez|Vicente Quiroga]], facíase coa alcaldía.
 
==Evolución==
A Coalición Progresista Galega, aproveitando o baixón de AP na Coruña (de 528 concelleiros da agora esgazada [[Coalición Popular]] a 339), ofertou o seu apoio ao candidato do PSOE, [[Salvador Fernández Moreda]], para obter a [[Deputación da Coruña]]. Pero unha negociación de Enrique Marfany con candidato de AP [[José Manuel Romay Beccaría]], propiciou o acceso ao cargo deste último<ref>''A Gran Historia de Galicia''. Opus cit. pax 82</ref>. Reproducíanse as tensións que sufrira Coalición Galega no Parlamento de Galicia.
 
[[José Rivas Fontán]], o máis notable alcalde de [[Independientes de Galicia]] acabaráacabou ingresando en Coalición Galega, da man do novo líder de Coalición Galega [[Xosé Luís Barreiro Rivas]]<ref>Xosé de Cora. ''Barreiro contra Barreiro''. Edicións Xerais, Vigo, 1990, pax.276</ref>. Os seus ex-compañeiros, encargaranseencargáranse de que ámbolos dous teñántivesen serios problemas coa xustiza.
 
==Notas==