Literatura galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
O contido da páxina foi substituído por " * '''''Texto en cursiva'''''"
Etiqueta: baleirado
Liña 1:
{{LiteraturaGalega}}
A '''literatura galega''' é aquela que se escribe en [[lingua galega]]. En xeral, a historia e evolución do [[idioma galego]] desde o seu nacemento no [[século IX]] até hoxe é irregular, de tal xeito que a momentos de esplendor lle suceden outros de decadencia.
 
*
== Etapas da literatura galega ==
'''''Texto en cursiva'''''
Podemos dividir as etapas da literatura galega da seguinte maneira:
 
=== Período Medieval ([[século XII|XII]] – [[século XV|XV]]) ===
[[Ficheiro:Cantiga bagpipes 2.jpg|thumb|Tocando a [[gaita]], miniatura das [[Cantigas de Santa María]]]]
{{Artigo principal|Literatura galego-portuguesa medieval}}
A '''literatura galego-portuguesa medieval''' é aquela escrita en [[galego-portugués]] en diversas zonas da [[Península Ibérica]] entre os séculos [[século XII|XII]] e [[século XV|XV]]. Esta inclúe [[lírica]] sacra e profana e diferentes tipos de prosa.
Este é un período de esplendor xa que é cando a literatura galego-portuguesa acada un prestixio que vai ir perdendo nos séculos seguintes. A importancia que tivo a literatura en galego-portugués para a Península Ibérica pódese comparar á importancia da literatura occitana en Europa Central e do Mediterráneo.
 
* Véxanse tamén: [[Trobadorismo]], [[Cantigas de Santa María]] e [[Prosa galega medieval]].
 
=== Séculos Escuros ([[século XVI|XVI]] - [[século XVIII|XVIII]]) ===
{{Artigo principal|Literatura galega dos Séculos Escuros}}
O idioma entra nunha etapa de absoluta decadencia a nivel literario, aínda que siga sendo a lingua oral máis empregada pola sociedade galega do momento.
 
=== Prerrexurdimento ([[1808]] - [[1863]]) ===
{{Artigo principal|Literatura galega do Prerrexurdimento}}
Hai unha primeira etapa de recuperación do prestixio da lingua galega tralos séculos de decadencia que sufriu.
 
=== Rexurdimento ([[século XIX|XIX]]) ===
[[Ficheiro:Rosalia.jpg|thumb|[[Rosalía de Castro]]]]
{{Artigo principal|Literatura galega do Rexurdimento}}
A lingua galega recupérase por completo coa chegada de moitos dos máis importantes escritores en galego: [[Rosalía de Castro]], [[Curros Enríquez]], [[Eduardo Pondal]]...
 
=== Intersecular ===
{{Artigo principal|Literatura galega do período intersecular}}
Con literatura galega do período intersecular referímonos á creación literaria producida durante o ocaso do [[século XIX]] e os albores do XX.
 
=== Século XX ===
{{Artigo principal|Literatura galega do século XX}}
O idioma ten pasado por momentos de estabilidade e outros de decadencia. O primeiro terzo do [[século XX]] ten sido de esplendor, sobre todo polo labor dos homes vinculados ás [[Irmandades da Fala]], á [[Xeración Nós]] ([[Castelao]], [[Otero Pedrayo]], [[Vicente Risco]]...) e ao [[Seminario de Estudos Galegos]]. Tras esta etapa de recuperación, volve de novo outra etapa escura debido á guerra civil española e á [[ditadura]], que supuxeron o abandono da lingua a nivel escrito na Galiza a pesar de ser a lingua máis falada pola poboación; con todo, a chama da literatura seguiu acesa na Galiza exterior (o exilio americano, principalmente).
 
A partir dos 50 comeza unha leve recuperación, coa fundación da [[Editorial Galaxia]] e outros proxectos. Coa instauración da democracia, no ano [[1978]] aprobase a [[Constitución española de 1978|Constitución española]], recoñecéselle ao galego o carácter de lingua cooficial xunto co castelán, manténdose unha situación de desequilibrio até o día de hoxe. Esta relativa protección da lingua galega, incrementada co [[Estatuto de Autonomía]] e a [[Lei de Normalización Lingüística]], axuda a que xurda unha nova etapa de recuperación da literatura nos máis variados xéneros, incluída a literatura infantil e xuvenil.
 
=== Literatura galega actual ([[século XXI|XXI]] - actualidade) ===
{{Artigo principal|Literatura galega actual}}
Canto á creación literaria, non se acostuma falar dunha ruptura coa nova chegada do século, senón dunha continuación do labor das últimas décadas do século XX.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{cita libro
| autor =[[Francisco Fernández del Riego]]
| título =Historia da Literatura
| ano =1984
| publicación =Galaxia : Biblioteca basica da cultura galega
| id = 84-7154-462-8
}}
* {{cita libro
| autor =Begoña Leal Gómez
| título =Historia da Literatura Galega
| ano =2006
| publicación =Edicións Lóstrego - O saber de peto
| id = 978-84-934240-9-1
}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.maldura.unipd.it/romanistica/galizia/freire-manual.pdf Xesús M. Freire López, ''Historia da Literatura Galega'']
* [http://www.maldura.unipd.it/romanistica/galizia/arbor_literatura.pdf Mariña Arbor Aldea, ''Literatura Galega'']
* [http://bvg.udc.es/index.jsp ''Biblioteca Virtual Galega'']
* [http://usuarios.lycos.es/aureano/literatura_galega.htm Numerosos textos literarios pertencentes á literatura galego-portuguesa medieval]
* [http://www.euskomedia.org/PDFAnlt/literatura/16153163.pdf Pervivencias do teatro medieval galego]
* [http://apuntamentosluzinha.galeon.com/ Apuntamentos de Filoloxía Galega (USC)]
 
 
{{Literatura en progreso}}
 
[[Categoría:Literatura galega]]
 
[[ca:Literatura gallega]]
[[en:Galician language literature]]
[[es:Literatura en gallego]]
[[eu:Galizierazko literatura]]
[[it:Letteratura galiziana]]
[[pt:Literatura galega]]