Fosfato do dinucleótido de nicotinamida e adenina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Dou formato ISBN
Liña 16:
A molécula de NADP<sup>+</sup> sintetízase a partir dunha molécula de [[NAD|NAD<sup>+</sup>]].
Unha vez sintetizado o NAD<sup>+</sup>, o seu grupo 2-hidroxi da ribosa da parte adenosina da molécula é fosforilado por unha molécula de [[ATP]], orixinando o NADP<sup>+</sup>
<ref>Werner Müller-Esterl. Bioquímica. Fundamentos para Medicina y Ciencias de la Vida. Barcelona: Editorial Reverté, S. A., 2008. ISBN: 978-84-291-7393-2</ref>.
 
== Propiedades e mecanismo de acción==
Liña 49:
A primeira fase da [[ruta da pentosa fosfato|vía da pentosa-fosfato]] consiste en dúas oxidacións que converten a glicosa 6-fosfato en ribulosa 5-fosfato e reducen o NADP<sup>+</sup> a NADPH + H<sup>+</sup>.
 
O NADPH formado na fase oxidativa é utilizado para reducir [[glutatión]] (GSSG) e para soster a biosíntese doutras moléculas co seu poder redutor. A ribosa 5-fosfato é un precursor para a síntese de [[nucleótido]]s e [[ácido nucleico]]s. Podemos dicir que o produto esencial da [[ruta da pentosa fosfato|vía da pentosa-fosfato]] non son as propias pentosas, senón o doante de electróns NADPH, necesario para as reaccións de redución da biosíntese doutras moléculas.<ref>C. K. Mathews, K. E. van Holde, K. G. Ahern. Bioquímica, tercera edición. Madrid: Pearson Educacion, S. A., 2002. ISBN: 84-7829-053-2</ref>
 
O feito de que a [[glicosa 6-fosfato]] entre na [[glicólise]] ou na [[ruta da pentosa fosfato|vía da pentosa-fosfato]] depende das necesidades momentáneas da [[célula]] e da concentración [[citoplasma|citoplasmática]] de NADP<sup>+</sup>. Cando unha célula está convertendo rapidamente NADPH en NADP<sup>+</sup> en reducións de biosíntese, aumenta o nivel de NADP<sup>+</sup>, o que estimula [[regulación alostérica|alostericamente]] a G6PD ([[glicosa 6-fosfato deshidroxenase]]), que é o [[encima]] que [[catalizador|cataliza]] a primeira reacción na vía da pentosa-fosfato. En caso contrario, se diminúe a demanda de NADPH+H<sup>+</sup>, a [[ruta da pentosa fosfato|vía da pentosa]] faise máis lenta e a glicosa 6-fosfato utilízase como combustible para a glicólise.
Liña 62:
Na fase luminosa da fotosíntese prodúcese NADPH, xa que esta molécula funciona como aceptor final dos electróns que circulan polos transportadores de electróns da membrana do tilacoide, que foron arrancados das [[clorofila]]s pola luz e que flúen desde moléculas de auga (doante último de electróns da fotosíntese). Cando estes electróns chegan ao NADP<sup>+</sup>, este os recolle e con protóns do medio transfórmase en NADPH + H<sup>+</sup>, nunha reacción ctalizada encimaticamente. Este NADPH vaise utilizar despois na fase escura.
 
O [[ciclo de Calvin]] é o conxunto de reaccións escuras da [[fotosíntese]], que se producen no estroma do [[cloroplasto]]. A súa función é fixar o [[dióxido de carbono]] atmosférico nos [[carbohidrato|hidratos de carbono]] e producir de forma neta azucres, utilizando a enerxía do [[ATP]] e o poder redutor do NADPH xerados na fase luminosa. Por tanto, o NADPH é necesario para fabricar autotrofamente os azucres que sosteñen case todas as cadeas tróficas do planeta.<ref>L. Stryer, J. M. Berg, J. L. Tymoczko. Bioquímica; sexta edición. Barcelona: Editorial Reverté, S. A., 2008. ISBN: 978-84-291-7600-1</ref>
 
En concreto, o NADPH neste ciclo actúa como [[axente redutor]] entre o 1,3-bisfosfoglicerato e o gliceraldehido-3-fosfato, reacción na que se perde un fosfato. A reacción é catalizada polo encima gliceraldehido-3-fosfato deshidroxenase.