Aldara de Celanova: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Dou formato ISBN |
|||
Liña 4:
==Traxectoria==
Pertencía a unha estirpe emparentada cos reis galaico-leoneses. Era nora de [[Afonso III o Magno]], cuñada do rei de Galicia [[Ordoño II]], tía do rei de Galicia [[Sancho Ordóñez]] así como dos reis [[Afonso IV]] e [[Ramiro II]]. <ref> ''Hernández Figueiredo, San Rosendo, bispo de Mondoñedo, fundador de Celanova y pacificador de la Gallaecia''. Ed. BAC. Madrid 2007, pax. 49. ISBN
Tiña posesións ao longo do [[reino de Galicia]], incluíndo as terras do [[Bierzo]] e o norte da actual [[Portugal]]. Exerceu poderes públicos nos condados de [[Ortigueira]], [[Saviñao]], [[Lor]], Castillón, [[Quiroga]] e [[Caldelas]] e nas decanías de [[Ladra]], [[Páramo]], [[Salnés]], [[Tredóns]], [[Sorga]], e [[Limia]]<ref>A Gran Historia de Galicia IV, volume 2, Ed. La Voz de Galicia, 2007, pax. 95. ISBN
Arredor do ano [[890]] casou con un dos máis importantes condes galegos, [[Gutier Menendiz]]. A unión de ambas familias supuxo a creación dun dos maiores patrimonios territoriais do [[reino de Galicia]] altomedieval<ref>Pallares Méndez, María del Carmen, ''Ilduara, una aristócrata del siglo X''. Ed. do Castro, Sada, 2004. pax. 87 e ss. ISBN
O autor da ''Vita Rudesindi'', xa do [[século XII]], di que o conde de Galicia [[Gutier Menéndez]] ''gozábase na beleza da súa santa esposa'' e narra os rogos de ámbolos dous, nos distintos santuarios do reino, para teren descendencia, algo que lle foi prometido a Ilduara nun doce soño na igrexa de San Salvador. No ano [[912]], o conde Gutier doou a súa esposa a metade dos seus bens, incluídos os futuros. Pola súa banda, o matrimonio obtivera doazóns dos reis de Galicia [[Ordoño II]] e [[Elvira Menéndez]] e do fillo daquel o rei de Galicia [[Sancho Ordóñez]] e a súa esposa a raíña [[Goto]] (ano [[927]]).
|