Natureza morta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m Bot: Dou formato ISBN
Liña 34:
Este xénero foi moi cultivado na [[pintura]] [[Países Baixos|holandesa]] do [[século XVII]], como pode verse, por exemplo, na ''[[Natureza morta (Heda, París)|Natureza morta]]'' de [[Willem Claeszoon Heda]] ([[1637]]). O bodegón independizouse no novo clima artístico dos Países Baixos, co nome de ''stilleven'' («natureza tranquila»), mentres que nas [[linguas romances]], e en [[ruso]], prefírense términos relacionados coa «natureza morta». Mentres os artistas atopaban oportunidade limitada para producir a iconografía relixiosa que durante moito tempo fora a súa principal industria, xa que as imaxes de temas relixiosos estaban prohibidas na [[Igrexa Reformada Holandesa|igrexa protestante reformada holandesa]], a tradición setentrional continua de realismo detallado e símbolos ocultos atraían ás crecentes clases medias holandesas, quen estaban reemprazando á igrexa e o estado como os principais mecenas da arte nos Paises Baixos.
 
Un subxénero, dentro das naturezas mortas, é a ''natureza morta floral'', que representa flores, no que foi moi experto o pintor [[España|español]] do [[Barroco]], [[Juan de Arellano]]. Produciuse en Holanda unha obsesión pola horticultura, particularmente o [[tulipán]]. Considerar as flores, a un tempo, como obxecto estético e símbolo relixioso, levou ao xurdimento dun grande mercado para este tipo de natureza.<ref>Paul Taylor, ''Dutch Flower Painting 1600-1720'', Yale University Press, New Haven, 1995, p. 77, ISBN0ISBN 0-300-05390-8</ref> A natureza, como a maior parte das obras de arte holandesas, vendíase xeralmente en mercados abertos ou por marchantes, ou polos artistas nos seus obradoiros, e raramente eran encargos; Polo tanto, os artistas normalmente elixían o tema e a disposición.<ref>Taylor, p. 129</ref> Tan popular era este tipo de pintura de natureza, que gran parte da técnica da pintura de flores holandesa foi codificada no tratado de 1740 ''Groot Schilderboeck'' por Gerard de Lairesse, que daba amplos consellos sobre a cor, arranxo, pinceladas, preparación dos exemplares, harmonía, composición, perspectiva, etc.<ref>Taylor, p. 197</ref>
 
O simbolismo das flores evolucionara dende comezos da época cristiá. As flores máis comúns e os seus significados simbólicos eran: [[rosa]] (a Virxe María, fugacidade, Venus, o amor), [[lirio]] (Virxe María, virxinidade, seo feminino, pureza de mente ou xustiza), [[tulipán]] (presunción, nobreza), [[xirasol]] (lealdade, amor divino, devoción), [[violeta]] (modestia, reserva, humildade), [[Aquilegia vulgaris|bonetes]] (melancolía) e [[mapoula]] (poder, soño, morte). En canto aos [[insecto]]s, a [[bolboreta]] representa a transformación e resurrección, mentres cá [[libélula|libeliña]] simboliza a fugacidade e as [[formigas]], o traballo duro e a atención ás colleitas.<ref>Taylor, pp. 56-76</ref>