Xosé de Nazaret: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: th:นักบุญโยเซฟ
m Bot: Dou formato ISBN
Liña 17:
 
Algúns esexetas teñen manifestado o contraditorio destas xenealoxías se despois se afirma que Xosé non era o Pai biolóxico do [[Mesías]].
{{Cita|''En suma, dado que a ascendencia davídica é un factor indispensable, a afirmación de que Xesús era o fillo de Xosé da "casa de Davide" adquire unha importancia notable. Con todo, presentar unha reivindicación razoable ao título de Mesías é unha cousa e a idea da concepción virxinal outra moi distinta. Ao tentar ambas, Mateo e Lucas, confunden sen decatarse o propósito das xenealoxías. Porque se para proclamaren o nacemento virxinal tiñan que negar a paternidade real de Xosé, estaban forzosamente obrigados a mitigar a reivindicación mesiánica e rexia de Xesús''|Geza Vermes<ref>Geza Vermes, El nacimiento de Jesús. Ed. Artes y Mares 2007, pax. 68. ISBN: 978-84-8432-944-2</ref>}}.
 
Aínda que oriúndo de [[Belén]], residía na diminuta aldea de Nazareth, constituída por pequenas e poucas casas de pallabarro e cavernas <ref> Crossan, J.D.Reed J.L., ''Excavating Jesus: Beneath the Stones, behind the Text'' (San Francisco, 2001)</ref>.
Liña 28:
 
==Custodio de María e Xesús==
Xosé estaba desposado (prometido) con María de Nazareth, cando se decatou que esta estaba preñada. Angustiado e decepcionado, por resultarlle evidente que o embarazo non era del, resolveu repudiar a María en segredo. Sendo un home bo, segundo o Evanxeo de Mateo, procurou evitar a infamia e o grave risco de que María fose lapidada como unha adúltera consonte a Lei de [[Moisés]]. O historiador xudeu [[Joseph Klausner]] afirma que en Galilea se exercía un control estrito sobre as mociñas comprometidas, aínda que se cadra algo máis laxo que en Xudea.<ref>Klausner, Joseph, ''Jesús de Nazareth, su vida, su época, sus enseñanzas''. Ed. Paidós 2006. pax. 291. ISBN: 84-493-1834-3</ref>. Segundo as fontes cristiáns, será unha revelación obtida en soños a que lle fará permanecer ao carón de María.(Mt.1:19;20-24). Esta mesma revelación ordéalle que lle poña ao seu fillo o nome de Xesús (en hebreo ''Yehosua'', que significa ''Deus libera'' ou ''Deus salva'').
 
Por prescrición gobernativa, Xosé ten que trasladarse con María a censarse en Belén onde non atopan pousada para eles (Lucas 2:1-7) xusto cando a María se lle estaban esgotando os días para o parto. Este terá lugar nun manxadoiro do gando. Como parte do ''kerigma'' do nacemento do salvador para os pobres e marxinados, o mesmo Evanxeo de Lucas describe a estampa da adoración polos pastores (xente marxinal e de escasa reputacion na [[Xudea]] do século I). Xosé acollerá a eses abraiados e imprevistos visitantes. Como ''kerigma'' verbo da chegada dun salvador tamén para os pobos pagáns, o Evanxeo de Mateo recolle a chegada duns [[Mago]]s de Oriente (os [[Reis Magos]] da tradición popular posterior) que lle ofrecen ouro, incenso e mirra. Segundo os Pais da Igrexa a mirra evoca o sufrimento, o incenso a divindade, e o ouro a realeza mesiánica <ref> Biblia de Xerusalén nota ao versículo 2. 11, pax. 1368, Ed. Desclee Brower, Bilbo 1988, ISBN 84-330-0022-5 </ref>. Xosé terá tamén que recibir a tan ilustres estranxeiros <ref> Dunn, James D.G. ''Jesús recordado, el cristianismo en sus comienzos'', pp 339-401 Evd, 2009 ISBN:978-84-8169-864-0</ref>