Fosfatidilinositol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 14:
O fosfatidilinositol é un [[fosfoglicérido]], xa que está formado por unha [[glicerina]] (ou glicerol) unida a dous [[ácido graxo|ácidos graxos]], que forman un diacilglicérido, que está unido polo OH libre da glicerina a un [[fosfato]] e este está unido ao [[inositol]]. O fosfatidilinositol é un lípido [[anfipático]] porque ten unha parte polar (o inositol e o fosfato) e unha parte apoar (o diacilglicérido).
 
Os ácidos graxos máis comúns nos fosfoinosítidos son o [[ácido esteárico]] na posición SN<sub>1</sub> e o [[ácido araquidónico]], na SN<sub>2</sub>. De feito, o fosfatidilinositol dos alimentos é a fonte principal de ácido araquidónico necesario para sintetizar [[eicosanoide]]s como as [[prostaglandina]]s. A [[hidrólise]] dos fosfoinosítidos rende un [[mol]] de glicerina, dous moles de ácidos graxos, un mol de inositol e un, dous ou tres moles de [[ácido fosfórico]], dependendo do número de fosfatos unidos no anel de inositol. Os fosfoinosítidos considéranse os fosfolípidos máis ácidos.
 
==Fosfoinosítidos==