Xosé Manteiga Pedrares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
lig ext
Liña 5:
Estudou Filosofía e Letras na [[Universidade de Santiago de Compostela]] e especializouse en Filosofía na Universidade de Madrid, onde foi discípulo de [[José Luis López Aranguren]]. Foi profesor axudante da cátedra de Ética, da que era responsable Aranguren. En 1961 regresou a Compostela e fíxose cargo da cátedra de Fundamentos de Filosofía da universidade e da de Filosofía do instituto Xelmírez. En 1964 gañou a de Filosofía do instituto feminino de Ferrol, onde estivo catro anos e de novo volveu á capital galega e retomou a docencia no instituto Xelmírez.
 
Participou na fundación do [[Partido Galego Social Demócrata]], do que foi ideólogo, e da editorial SEPT. Colaborou na refundación do Partido Galeguista, ao que representou na redacción do [[Estatuto dos dezaseis]]. Foi concelleiro en Santiago de Compostela nas [[Eleccións Municipais 1979 en Galicia|primeiras eleccións democráticas]] por [[Unidade Galega (coalición)|Unidade Galega]]. Publicou artigos sobre personalidades da cultura galega e diferentes colaboracións entre as que destacan “La Realidad y la esencia: reflexiones en torno al pensamiento filosófico de Xavier Zubiri” na revista ''[[Grial (revista)|Grial]]'' (1964) e “Un home sinxelo do pobo” incluído na obra ''Manuel Reimóndez Portela na lembranza'' (1996).
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
*[http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/07/10/0003_8601575.htm Entrevista] en ''[[La Voz de Galicia]]''
 
{{DEFAULTSORT:Manteiga Pedrares, Xose}}