Xosé Henrique Rodríguez Peña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
-cat
Xas (conversa | contribucións)
completo info e lig int
Liña 4:
Estudou na Facultade de Ciencias da [[Universidade de Santiago de Compostela]] e licenciouse en Arquitectura pola Escola Superior de Arquitectura de Madrid, especializándose na restauración de monumentos.
 
Nos anos 60 participou, sen afiliación política, no movemento estudantil contra a ditadura e presentouse ás [[Eleccións Municipais 1979 en Galicia|eleccións municipais de 1979]] a [[Ourense]] nas listas de [[Unidade Galega (coalición)|Unidade Galega]] como membro do [[Partido Galeguista (1978)|Partido Galeguista]]. Foi elixido secretario xeral do Partido Galeguista no III Congreso celebrado en decembro de [[1983]]. No Congreso extraordinario celebrado o 19 de febreiro de [[1984]] propuxo a integración do PG en [[Coalición Galega]], decisión que se adoptou por 92 a 88 votos.
 
Membro de [[Coalición Galega]] (CG) desde a súa fundación, ocupou o cargo de secretario do partido na área de Acción Municipal en [[1985]]. Nas [[Eleccións ao Parlamento de Galicia 1985|eleccións autonómicas de 1985]] foi elixido como deputado por esta formación. Dous anos despois, en xaneiro de [[1987]] foi impulsor e membro fundador do [[Partido Nacionalista Galego]] (PNG), organización creada como escisión de Coalición Galega. Este novo partido foi peza chave na moción de censura contra [[Xerardo Fernández Albor]] que levou á [[presidentesPresidente da Xunta|presidencia da Xunta]] o socialista [[Fernando González Laxe]]. Nese primeiro goberno tripartito Xosé Henrique Rodríguez Peña foi nomeado conselleiro de Pesca.
 
En [[1989]] non sae elixido deputado no [[Parlamento de Galicia]]. A partir dese momento o PNG-PG inicia as xestións para incorporarse no seo do [[BNG]]. Nas [[Eleccións Municipais 1979 en Galicia|eleccións municipais de 1991]] saíu escollido concelleiro na lista do [[BNG]] por [[Ourense]] e converteuse en voceiro dos nacionalistas no consistorio.
 
O [[7 de xuño]] de [[1992]] foi elixido secretario xeral do Partido Nacionalista Galego durante a celebración do seu IV Congreso. Nas [[Eleccións ao Parlamento de Galicia 1993|eleccións autonómicas de 1993]] foi escollido deputado por Ourense, que revalidou nas de [[elecciónsEleccións autonómicasao Parlamento de Galicia 1997|1997]] e de [[eleccións autonómicas de 2001|2001]].
 
Presidiu a delegación ourensá do [[Colexio Oficial de Arquitectos|Colexio de Arquitectos]]. Ademais, foi vicepresidente do [[Ateneo de Ourense|Ateneo]] ourensán e membro do patronato do [[Museo do Pobo Galego]].