Esterano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
O '''esterano''', tamén chamado '''ciclopentanoperhidrofenantreno''' ou '''gonano''', é unha [[molécula]] complexa procedente dun [[hidrocarburo]] [[policíclico]] que se pode considerar produto da saturación do [[fenantreno]] asociado a un anel de [[ciclopentano]]. Posúe 17 átomos de [[carbono]]. Desta base estrutural derivan os [[esteroide]]s, que son a molécula base para multitude de moléculas de orixe lipídico, como os esterois (colesterol), ácidos biliares e hormonas esteroideas como as sexuais.
 
As sustancias que derivan deste núcleo amosan [[grupo metilo|grupos metilo]] -CH3CH<sub>3</sub>, nas posicións 10 e 13 para integrar os carbonos 18 e 19; xeralmente existe unha cadea lateral no carbono 17, a lonxitude de dita cadea e a presenza de metilos no carbono 10 e 13 determina as diferentes estruturas destas sustancias.
 
Ten a mesma estrutura química básica ca os esteroides, por exemplo o [[colesterol]], o cal é un compoñente importante das [[Membrana plasmática|membranas plasmáticas]] [[eucarionte]]s e atópase en menor medida nas membranas dos [[orgánulo]]s. O colesterol é moi importante, xa que tamén é o precursor de todas as [[hormona esteroidea|hormonas esteroideas]] e dos [[ácido biliar|ácidos biliares]].