Orraca de Galicia, Castela e León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: hr:Uraka Leonska i Kastiljska
Liña 57:
En 1115, roto xa o matrimonio con Afonso o Batallador e expulsado este dos seus reinos, Urraca exerce plenamente as funcións rexias. No que atinxe a Galicia, acada un acordo con bispo de Compostela no que é recoñecida como raíña, sen prexuízo da condición real do seu fillo, a quen se lle asigna o goberno do reino de Toledo. O levantamento dos burgueses de Santiago, que chegan a aldraxar a raíña na praza pública e a poñer en fuga ao arcebispo, propiciaron o entendemento.
 
Tamén contribuíron ao acordo as arelas de Tareixa de Portugal a unha maior autonomía da coroa de León, así como as súas incursións ao norte do río [[Río Miño|Miño]]. Deste xeito, en 1121 un exército galaico-leonés ao mando de Urraca e Xelmírez puxo sitio a Tareixa no castelo de [[Lanhoso]] e impuxo a súa autoridade alén do [[río Douro]].
 
Urraca morreu de parto no ano [[1126]]. Afonso Raimundez era, finalmente, coroado en León co nome de [[Afonso VII]].