Glaciación de Würm: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Lameiro (conversa | contribucións)
lig. int. cara homónimos
Liña 7:
Esta glaciación foi aproveitada polo [[Humano|home]] para facer o seu paso dende [[Asia]] até América polo [[estreito de Bering]], segundo unha teoría. Durante aquel período glaciar, o [[clima]] [[Terra|terrestre]] tornouse moi frío. Entón os glaciares avanzaron alén dos casquetes polares, até preto dos trópicos. Nesa zona os [[continente]]s recubríronse de [[xeo]]s se xearon os lagos, [[lagoa]]s e [[río]]s. Os [[mar]]es de pouca profundidade desapareceron, porque as súas [[auga]]s trocáronse en glaciares. Foi xustamente neses tempos que os estreitos e [[arquipélago]]s [[Continente|continentais]] e insulares quedaron sen cobertura líquida ; polo tanto, e temporalmente, moitas zonas próximas quedaron unidas. Uniuse, por exemplo, [[Australia]]-[[Tasmania]] con [[Nova Guinea]], [[Filipinas]] e [[Indonesia]]. O mesmo aconteceu entre [[Xapón]] e [[Corea]].
 
Entre Asia e América, ao reducirse o nivel das súas augas, o [[estreito de Bering]] converteuse na "ponte de Bering" ou "ponte de Berinxia". Leva ese nome na honra do [[Navegación marítima|navegante]] [[Vitus Bering|Vitus Jonassen Bering]] ([[Dinamarca]], [[1681]]-[[1741]]), quen explorou eses mares coa axuda dos [[tsar]]es de [[Rusia]].
 
Os científicos afirman que a "ponte de Berinxia", en condicións de ser transitado polos homes e animais, durou un breve período [[Xeoloxía|xeolóxico]]. Na súa primeira quenda, uns 4.000 anos. Na segunda etapa uns 15.000 anos. Di un científico: