Esfingolípido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Sphingolipid types miguelferig.jpg|thumb|right|375 px|Principais tipos de esfingolípidos. A ceramida é a molécula básica e forma a parte hidrófoba do esfingolípido. As esfingomielinas teñen unha cabeza polar con fosfato e un aminoalcohol xeralmente, como a etanolamina do exemplo. Os glicoesfingolípidos teñen como cabeza polar un azucre, pero sen fosfato (no exemplo, un cerebrósido.]]
 
Os '''esfingolípidos''' son un tipo de [[lípido]]s que conteñen o aminoalcohol [[esfingosina]]. Algúns conteñen fosfato, polo que serían tamén [[fosfolípido]]s, pero outros non ([[glicolípidoglicoesfingolípido]]s). Son lípidos [[anfipático]]s, xa que a súa molécula ten unha parte hidrófoba e outra hidrófila, o que permite que se orienten en medio acuoso e formen parte das membranas. Son [[saponificación|saponificables]], xa que conteñen [[ácido graxo|ácidos graxos]].
 
Descubríronse en extractos de cerebro na década de 1870 e o seu nome procede do ser mitolóxico [[esfinxe]], debido ao enigmática que era a súa natureza naquel momento <ref>Chun, J.; Hartung, H.P. Mechanism of Action of Oral Fingolimod (FTY720) in Multiple Sclerosis. Clin. Neuropharmacol. 2010, 33(2), 91-101.</ref>.