Tratado Angloirlandés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
O '''Tratado Angloirlandés''' do [[1921]] supuxo, dunha parte, a fin da [[Guerra de Independencia Irlandesa|guerra de independencia]] irlandesa, e por outra a división da illa de [[Irlanda]] entre a [[Irlanda do Norte]] e o [[Estado Libre de Irlanda]].
 
O 11 de xullo do 1921 declarouse definitivamente unha tregua entre o [[IRA]] e o goberno británico. Producíranse un total de 1.500 mortes. En agosto convócase unha reunión entre [[Eamon de Valera]], cabeza do [[Sinn Féin]] por parte irlandesa e [[David Lloyd George]] por parte británica. De Valera, porén, non aceptou ir e enviou no seu lugar [[Michael Collins (político)|Michael Collins]], [[Arthur Griffith]], [[Robert Barton]], [[Eamon Duggan]] e [[George Gavan Duffy]], que se reuniron con Lloyd George, [[Winston Churchill]] e Birkenhead.
 
Os británicos ameazaron á delegación irlandesa coa guerra total se non o aceptaban, e Collins máis que ninguén era consciente de que o IRA non estaba preparado para gañar esta guerra. De feito, a oposición ao tratado non era tanto pola partición (que consideraban como inviable a longo prazo) senón polo feito de xurar lealdade ao rei inglés.