Abrir o menú principal

Cambios

Calendario chinés

18 bytes engadidos, hai 6 anos
m
Bot: Substitución automática de texto (-ano +ano)
O problema para os sabios astrónomos chineses foi o mesmo que para o resto dos pobos antigos: tentar combinar os movementos da lúa e do sol, ciclos sempre difíciles de conxeniar. O calendario chinés tradicional era lunar, pero iso causaba graves problemas ós agricultores porque non había forma de fixar as [[estación]]s nel. Como para o resto de culturas, a procura dun calendario que reflectise correctamente as estacións era fundamental para o agro, polo que os pobos buscaron maneiras de observar o movemento dos astros (tomando a terra como referente) e reflectilo nun sistema cronolóxico de días completos.
 
Pasaron os séculos e cara o ano [[-104|104]] a.C., por medio de sistemas de observación e de medición das sombras proxectadas por un pau vertical (gnomon), os antigos astrónomos chineses chegaron a estimar a duración do [[ano (astronomía)|ano]] en 365,2502 días, unha aproximación excelente para a época. Xa sobre o ano [[480]] da nosa era, o gran sabio [[Ju Chongzchi]] estableceuno en 365,2428 días, cun exceso de tan só 52 segundos sobre o valor vixente (365,2422). Ata a reforma gregoriana (proclamada en [[1582]]), o noso calendario acumulaba erros de 11 minutos e 14 segundos por ano (674 segundos). Ju Chongzchi foi trece veces máis preciso once séculos antes.
 
== Principios do calendario chinés ==
103.028
edicións