Aglutinación (medicina): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
lig. cara homónimos
Liña 3:
A '''aglutinación''' é un proceso natural de determinados compoñentes do [[sangue]].
 
A aglutinación afecta a [[eritrocito|glóbulos vermellos]], [[leucocito|glóbulos brancos]] e [[plaqueta]]s. Prodúcese cando os [[anticorpo]]s presentes no [[plasma sanguíneo|plasma]] se unen a [[antíxeno]]s transportados por estas [[célula]]s sanguíneas, aínda que tamén se pode producir con [[bacteria]]s sometidas á acción de [[anticorpo]]s. Trátase, pois, dun proceso asemade [[inmunoloxía|inmunolóxico]] (reacción antíxeno-anticorpo), e físico (modificación do medio).
 
A aglutinación pode verse a simple vista no caso dos glóbulos vermellos. Nos centros de [[transfusión]] e de extracción de sangue a aglutinación emprégase para determinar os [[grupo sanguíneo|grupos sanguíneos]] nos [[sistema AB0|sistemas AB0]] e [[factor Rh|Rh]].Foi precisamente a aglutinación de glóbulos vermellos a que lle permitou a [[Karl Landsteiner]] en [[1900]] determinar os tres primeiros grupos sanguíneos, o A, o B e o 0. En [[1958]] foi [[Jean Dausset]] quen sobre a base da aglutinación de glóbulos brancos descubriu o primeiro antíxeno [[HLA]], que recibiu a denominación [[Hu 1]].
 
[[Categoría:Hematoloxía]]