Abrir o menú principal

Cambios

m
r2.7.2) (Bot: Modifico: tr:Kip; cambios estética
Algúns modos son o condicional, imperativo, indicativo, negativo, optativo, potencial, subxuntivo, e outros. Os modos orixinais do [[indoeuropeo]] eran o indicativo, o subxuntivo, o optativo e o imperativo. Non tódalas linguas indoeuropeas teñen todos estes modos, pois só as máis conservadoras como o [[grego antigo]] ou o [[sánscrito]] os retiveron. Algunhas [[linguas urálicas]] teñen máis de dez modos.
 
== Modo indicativo ==
 
O '''modo indicativo''' emprégase en oracións de feitos reais e/ou fiticios. Calquera intención que unha lingua particular non sitúa noutro modo particular realízase co modo indicativo. Trátase do modo máis utilizado e atópase en tódalas linguas. Exemplo: «Pedro está montando en bicicleta» ou «Felipe estuda no seu cuarto».
 
== ''Modo imperativo ==
 
O '''modo imperativo''' expresa unha orde, solicitude ou prohibición. Moi a miúdo, dependendo da lingua e a cultura, utilizar o modo imperativo directamente parece bastante groseiro e descortés, polo que se adoita empregar con coidado. Exemplo: «Alicerce, tráeme o meu caderno»,.
Moitas linguas utilizan a raíz verbal sen engadir ningún morfema para formar o imperativo.
 
== Modo subxuntivo ==
 
O '''modo subxuntivo''' ten varios usos en oracións distintas. Por exemplo, para discutir algo hipotético ou improbable, expresar opinións ou emocións, solicitar algo con cortesía (a súa produtividade depende de cada idioma). O modo subxuntivo emprégase en galego en oracións como «Suxeriría que Afonso '''lese''' o libro». Outro uso común do subxuntivo en galego é na proposición subordinada dunha oración condicional, por exemplo «Se eu '''fose''' rico, ...».
O modo subxuntivo aparece de forma destacada na [[gramática]] das [[linguas romances]], que requiren este modo para determinados tipos de [[oración]]s subordinadas e hai varios tipos de subxuntivos.
 
== Modo condicional ==
 
O '''modo condicional''' utilízase para expresar incerteza, particularmente (pero non exclusivamente) en oracións condicionais. Na oración «Se eu fose rei, ti serías raíña», «fose» é subxuntivo, mentres que «serías» é condicional. O modo condicional, en ocasións, considérase un tempo en lugar dun modo.
 
== Modo negativo ==
 
O '''modo negativo''' [[negación|nega]] unha acción. Na maioría dos casos, isto non se fai cun modo diferenciado; senón que a negación nalgunhas linguas exprésase engadindo unha partícula antes do [[verbo]], (como en [[lingua galega|galego]], [[Lingua rusa|ruso]] ou [[esperanto]]): ''Li '''ne''' iras.''), despois do verbo (como en [[inglés antigo]] ou [[Lingua inglesa|inglés dialectal]]: ''"Thou remembrest '''not'''?"''), ou antes e despois (como en [[afrikaans]] ou [[Lingua francesa|francés]]: «Je '''ne''' sais '''pas'''».) O inglés actual adoita inserir a negación entre o verbo «''to do''» e o verbo principal: «I '''did not''' go there''».
Nalgunhas linguas non indoeuropeas, o modo negativo obsérvase como un modo separado. Hai quen argumenta que o [[inglés moderno]] atópase dentro deste segundo grupo, xa que a negación en modo indicativo require un verbo auxiliar e unha estrutura sintáctica diferenciada en moitos dos casos. Pódese comparar, por exemplo, «''He sings''» -> «''He '''doesn't''' sing''» (onde se ten que engadir o auxiliar ''to do'', flexionado coa forma ''does'', e a forma clítica de ''not'' convértese nun sufixo para derivar a forma negativa de «Hei sings»); así a todo, con «''Il chante''» -> «''Il '''ne''' chante '''pas'''''»; o [[Lingua francesa|francés]] engade unha partícula negativa discontinua ''ne...pas'', sen modificar a forma do verbo.
 
== Modo optativo ==
 
O '''modo optativo''' expresa esperanza ou desexo e ten outros usos que se poden confundir co subxuntivo. Hai poucas linguas que teñan o modo optativo como modo específico; o [[grego antigo]] ou o [[sánscrito]] son dous delas. Por exemplo: un falante de grego clásico podería dicir "Would that Paul would read more!" dicindo as palabras ''would that'' mediante o modo optativo do verbo ''read''.
 
== Modo cohortativo ==
 
O '''modo cohortativo''' utilízase para expresar súplica, insistencia, desexo, intención, orde, propósito ou consecuencia. Aínda que non existe en galego, as frases que empezan en galego con «imos...» denótano .
 
== Modo potencial ==
 
O '''modo potencial''' é unha modo que expresa probabilidade. Utilízase en [[finés]].
 
== Modo eventivo ==
 
O '''modo eventivo''' emprégase en [[Kalevala]]. É unha combinación do modo potencial e o condicional. Tamén se utiliza en dialectos do [[Lingua estoniana|estonio]].
 
== Modo dubitativo ==
 
O '''modo dubitativo''' utilízase en [[Lingua ojibwa|ojibwa]], [[Lingua xaponesa|xaponés]], [[Lingua turca|turco]] e outras linguas. Expresa a dúbida ou a incerteza do falante sobre o evento denotado polo verbo.
 
== Modo hipotético ==
 
O '''modo hipotético''' emprégase en [[Lingua rusa|ruso]], [[lakota]] e outras linguas. Expresa un razoamento contrafactual, é dicir, un razoamento contrario a uns feitos; aínda que sexa unha situación que pode ocorrer.
 
{{CategLinguisticas}}
 
[[Categoría:Morfosintaxe]]
 
[[sl:Glagolski naklon]]
[[sv:Modus]]
[[tr:Kip (dilbilgisi)]]
[[uk:Способи дієслів]]
[[zh:语气]]
75.990

edicións