Capitel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: oc:Capitèl
Lameiro (conversa | contribucións)
lig. int. cara homónimos
Liña 2:
[[Ficheiro:Iglesia de San Martiño de Sobrán13.jpg|206px|thumb|Capitel [[arte románica|románico]] da [[Igrexa de San Martiño de Sobrán]].]]
[[Ficheiro:Alhambra column top.jpg|200px|thumb|Capitel de estilo árabe da [[Alhambra]].]]
O '''capitel''' (do [[latín]] ''caput, capitis'' = cabeza ou testa), é un elemento arquitectónico que se dispón no extremo superior da [[Columna (arquitectura)|columna]], alicerce ou [[pilastra]] para transmitir a estas pezas estruturais verticais as cargas que recibe do [[entaboamento]] horizontal ou do [[arco (arquitectura)|arco]] que se apoia nel. Ademais desta misión estrutural cumpre outra de índole compositiva, pois actúa como peza de transición entre dúas partes construtivas tan diferentes como aquelas entre as que se interpón. Por veces tamén é chamado '''chapitel''', se ben este termo designa máis propiamente o [[chapitel|remate en agulla]] dunha [[torre (construción)|torre]], [[campanario]] ou [[igrexa (arquitectura)|igrexa]]).
 
Aínda que hai unha gran variedade de capiteis, o estereotipo estaría formado por: un [[astrágalo]], [[moldura]] que corre ao redor do [[fuste]] da columna na base do capitel; un tambor, que é o corpo propiamente dito do capitel, con forma reducible a un tronco de cono ou pirámide invertida; e un [[ábaco (arquitectura)|ábaco]], taboleiro prismático que remata o capitel e que sostén directamente o arranque do arco ou o [[lintel]].