Cloroplasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: be:Хларапласт
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: zh-min-nan:Ia̍p-le̍k-thé; cambios estética
Liña 23:
Resulta facilmente identificábel, grazas á súa cor verde e ao seu gran tamaño.
 
Presenta dúas membranas de [[bicapa lipídica]], que a fai unha estrutura continua que o delimita completamente, cun pigmento de orixe propia (non proveñen do [[retículo endoplasmático]]). Ámbalas dúas membranas están separadas por un espazo intermembranoso chamado ás veces espazo periplastidial. A membrana externa é moi permeábel até os 5000D, ademais de ser rica en [[porina]]; esta contén a [[estroma]] ou matriz onde se atopan uns gránulos de [[amidón]] e un sistema membranoso interno formando [[gra]] ou moreas de [[tilacoide]]s, con substancias como a [[clorofila]], os [[carotenoide]]s, os pigmentos fotosintéticos ou distintos lípidos. O devandito sistema membranoso está incomunicado co exterior, a luz dos tilacoides coñécese como [[lumen]]. A cavidade interna (menos permeábel), chamada [[estroma]], é onde se levan a cabo reaccións de fixación de [[Dióxido de carbono|CO<sub>2</sub>]], contén [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] circular, [[ribosoma]]s (de tipo 70s, como os bacterianos), [[gránulo (bioloxía)|gránulogránulos]]s de [[amidón]], [[lípidos]] e outras substancias, como proteínas específicas para o transporte.
 
== Funcións ==
Liña 32:
 
== Maduración ==
Os cloroplastos proveñen dos [[proplasto|proplastidioproplastidios]]s (orgánulos de membrana dobre con diámetro de entre 2 e 4 micrómetros). Se lles chega luz, formaranse os [[tilacoide]]s mediante invaxinacións, e inevitabelmente converteranse en cloroplastos. Pola contra, se son mantidos na escuridade, as invaxinacións entrecruzaranse, e formarase un [[etioplasto]], que non é fotosintético. Este último, de recibir luz, en media hora organizará as súas vesículas para converterse en cloroplasto.
 
== Xénese dos cloroplastos ==
Ao posuíren o seu propio ADN levan a cabo a división independentemente da célula. Un cloroplasto procede dun proplasto orixinado á súa vez pola división doutro plasto. Despois da captación de luz transfórmase en cloroplasto maduro, diferenciándose dos demais tipos de plastos, coma os [[cromoplasto]]s, para almacenamento de pigmentos, e os [[amiloplasto]]s, para o almacenamento de amidón.
 
== Orixe evolutiva ==
 
[[Ficheiro:Plagiomnium affine laminazellen.jpeg|thumb|250px|Cloroplastos en células de ''[[Plagiomnium affine]]'']]
Liña 127:
[[vi:Lục lạp]]
[[zh:叶绿体]]
[[zh-min-nan:Ia̍p-le̍k-thé]]